O Instituto Nacional de Estatística (INE), fixo públicos hoxe os datos do mes de decembro de 2025 do sector hoteleiro, que permiten realizar o balance económico do ano pasado para este segmento turístico e que revelan que rexistraron cifras económicas nunca antes alcanzadas. En concreto, a súa facturación incrementou un 5% o ano pasado, ata superar os 451 millóns de euros. Esta positiva evolución económica foi constante durante todo o ano, cando os ingresos hoteleiros medraron na meirande parte dos meses. De feito, destaca especialmente o incremento fóra de temporada alta, en meses como o de decembro, cando o sector hoteleiro pechou con 21M millóns de euros de ingresos, o que supuxo un 8% máis que o ano anterior.
N. B.: Comunícolles ós meus devotos lectores que atopei entre os meus vellos papeis esta "crónica", redactada hai máis de corenta anos, candoeu daquela aínda só traballaba cunha modesta máquina de escribir, é dicir, sen a axuda de ningún ordenador. Os únicos lectores dela serían familiares meus, recibíndoa por corre...
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Executivo autonómico vai poñer en marcha 'unha serie de medidas, a curto e medio prazo, para dar certezas e estabilidade ao sector agrícola' en relación co acordo entre a Unión Europea e Mercosur e futura Política Agraria Común (PAC), e lembrou que o tratado pode entrar en vigor de xeito provisional e sen as garantías explícitas no Regulamento de salvagardas. Rueda salientou que a Xunta seguirá insistindo en que é fundamental que calquera tipo de acordo 'garanta que todos os produtos agroalimentarios que entren en Galicia cumpren cos mesmos requisitos que os que se elaboran aquí'.
A norma aprobada hoxe dirixe o manual básico, que figura como anexo do decreto, para ver as distintas formas de 'aplicar o logotipo en todas as súas accións de comunicación audiovisuais, escritas ou plásticas', e obriga á súa utilización ata o 31 de decembro de 2028. A marca do Xacobeo 2027 aplicarase tamén sempre á adquisición, reposición ou reedición de todo elemento divulgativo do evento. O decreto destaca a necesidade de que o Goberno galego e as demais entidades do sector público de Galicia esixan, sempre que o seu obxecto o permita, que se faga constar a marca do Xacobeo 2027.
¿Qué secreto ocultó Karol Wojtila