Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pintora Sofía Andrushenko

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 19 de marzo de 2026
Sofía Andrushenko nace na cidade de Jarkiv (Ucrania), o día 2 de febreiro de 2005, filla de Artem Andrushenko, carpinteiro de profesión e de Svella Dimitrienko de profesión veterinaria. Sofía estuda Belas Artes no Instituto de Pintora Sofía Andrushenko Formación Profesional de Jarkiv.

Por mor da guerra de Rusia con Ucrania, vese obrigada a abandonar tanto os seus estudos como o seu país. Unha ONX de españoles e ucraínos tráena xunto con súa nai en autobús para España, viaxe que lles leva tres días.

En España é recibida por monxas católicas que se desviven por atender correctamente a estes refuxiados. Tanto Sofía como súa nai Svella, teñen que aprender español partindo de cero e de feito, teñen tamén que aprender o alfabeto latino, xa que elas escriben en cirílico e falan ucraíno e ruso.

En Madrid consigue o seu primeiro traballo como pintora barista, pero sigue camiño e ven para Galicia, concretamente para Foz. Traballa no restaurante Dandy onde eu a coñezo e pretendo axudarlle no seu mundo da arte. Preséntolle ao gran debuxante Juanel levándoa ao estudio deste gran artista.

Juanel é o que ten a idea de que Sofía faga a súa primeira exposición de pintura en España e así é como tramitamos co Concello de facer a súa primeira exposición no CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña) en Pintora Sofía Andrushenko Foz.

Coa intención de colaborar con ela, ese mesmo día, eu organizo unha charla miña e acto seguido inaugúrase a súa exposición coincidindo coa Semana Santa. Sofía é presentada polo alcalde de Foz, Francisco Cajoto Caserío.

A exposición é un éxito de xente e Sofía vende varias das súas obras.

Debido ao éxito desta exposición, organizamos unha segunda, que se inaugura o día 1 de agosto de 2025. Se o éxito da primeira exposición foi grande, na segunda exposición triplica a venda de obras.

Sofía Andrushenko prosigue os seus estudos de Belas Artes por vía Online.

Seu pai e un irmán por ser homes quedan en Ucrania de momento. Trátase dunha rapaza moi culta, fala e escribe correctamente o español.

A especialidade artística de Sofía é a de pintar ovos de pascua, moi tradicionais en Ucrania pola cultura ortodoxa.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES