Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - viernes, 20 de marzo de 2026
Palabra pequena, sentimento inmenso

Dicir grazas é fácil, é doado. Grazas. Así de curto e sinxelo. Unha palabra apenas, case leve. É como dicir perdón. Mais penso que o perdón, ás veces, escapa sen querer, como quen se desculpa por costume. As grazas, en cambio, son distintas; nacen máis fondo, levan máis verdade, máis corazón.
Certo que hai grazas máis sentidas, máis emotivas ca outras, pero todas son sinceras, moi sinceras. E hai ocasións nas que brotan da alma, das mesmas entrañas, porque a causa, o motivo, a orixe así o merecen.
Pingas de Orballo Grazas, Baños de Molgas. Grazas, Finca Fierro, A Valenzá e Barbadás. Grazas, Ourense. Grazas por segunda vez, Baños de Molgas. Grazas, Grou. Grazas, Santo Tomé. Grazas, Porto. Grazas, País Vasco. Grazas, Maceda, e Tioira, e Cimadevila. Grazas por terceira vez, Baños de Molgas. Grazas, Madrid. Grazas, Vilariño Frío e Xunqueira de Espadanedo. Grazas por cuarta vez, Baños de Molgas. Grazas, La Región. Grazas, Leiro e O Carballiño. Grazas, Meamán, Presqueira, Vide, Bouzas e Nocelo. Grazas por quinta vez, Baños de Molgas. Grazas, Ramiras, Macendo e Castrelo de Miño. Grazas, Allariz e O Castro de Allariz. Grazas, Suíza. Grazas por sempre, Baños de Molgas.
Quen dá non debe volver a acordarse; mais quen recibe nunca debería esquecer. Eu non esquezo. Mentres o río corra, os montes fagan sombra e no ceo haxa estrelas, ha durar a memoria do beneficio recibido no corazón de quen sabe agradecer.
E así, cada lembranza convértese nun pequeno lume que non se apaga, nunha luz que acompaña os días e tamén as noites. Porque agradecer é, ó cabo, outra forma de vivir: unha maneira de recoñecer que non camiñamos sós, que fomos e somos grazas ós demais. E por iso sigo co eco de grazas... sempre grazas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES