Actualidad de Galicia

Foto de la noticia destacada (tecnologia.jpg) O principais indicadores sobre a evolución do desenvolvemento e uso das tecnoloxías en Galicia manteñen unha tendencia de crecemento cara á súa universalización, segundo os datos do Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia (OSIMGA), que esta semana presentou a súa memoria anual. O OSIMGA puxo en marcha en 2024 unha nova ferramenta de acceso público que emprega tecnoloxía de intelixencia de negocios (Business Inteligence – BI) na que se pode consultar a evolución dos principais indicadores sobre cidadanía, empresas, sector tecnolóxico e Administración. Os indicadores chave deste cadro de mandos son os que mostran esta tendencia cara á universalización da sociedade da información.

Opinión

OpinionEsta historia que vos vou contar é totalmente certa, pero por protección de datos dos autores, non vou mencionar os seus nomes. É unha historia moi rocambolesca. No inverno de 2011, chegou a Foz procedente de Zaragoza un rapaz que viña de visitar a uns amigos en Viveiro. O motivo de parar en Foz, foi porque quería...
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)

Opinión

Buscador de Opinión

Actualidad de Galicia

Foto del resto de noticias (ilg-usc.jpg) O Instituto da Lingua Galega da USC (ILG) acaba de publicar, en colaboración coa Fundación Barrié e USC Editora, o Atlas Lingüístico Galego VIII. Léxico. O ser humano (III). Trátase do oitavo volume do Atlas Lingüístico Galego (ALGa), obra de investigación dialectolóxica amplamente recoñecida no eido dos estudos europeos 'pola rigorosidade dos seus datos e a excelencia das súas visualizacións cartográficas', explican. O novo tomo, froito do traballo dos profesores Rosario Álvarez, Francisco Dubert e Xulio Sousa, está constituído por 280 mapas que dan conta das variedades léxicas no dominio do galego para 259 conceptos vinculados á educación, a música, os xogos, as actividades de lecer, a relixión, as festas relixiosas e profanas, os seres míticos, as características psicolóxicas do ser humano e a roupa e o seu coidado.

Notas de Galicia

O Hospital Universitario de Coruña acolleu unha sesión experimental centrada en avaliar a funcionalidade e usabilidade de sistemas de realidade aumentada (RA) en contornas reais de quirófano. A investigación forma parte da tese doutoral titulada 'Interfaces virtuais e realidade aumentada para cirurxía', desenvolvida por Ánxela Pérez no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais de Ferrol, baixo a dirección do investigador do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica Florian Michaud e de Nieves Pedreira, profesora da Escola Universitaria de Deseño Industrial UDC.

Opinión

Buscador de Opinión

Actualidad de Galicia

Foto de la tercera plana (festaclown.jpg) O festival de circo, clown e creatividade escénica Festaclown regresa cunha nova edición a Vilagarcía de Arousa, onde ofrecerá, entre o 18 e o 23 de agosto, unha programación ao aire libre para celebrar o circo contemporáneo e servir de encontro entre diferentes xeracións e culturas a través de espectáculos que combinan o humor e as acrobacias co compoñente solidario. O festival arrancará o luns 18 na praza de Galicia e diferentes rúas, polas que o artista catalán Nacho Flores levará unha peza de circo contemporáneo, moi poética e visual, con música en vivo e inspirada nun imaxinario mitolóxico, na que o protagonista cabalgará facendo equilibrios entre minotauros e cabalos de Troia.

Notas de Galicia

Nacido o pasado ano, no marco dos traballos para acadar a acreditación do proxecto de especialización do campus de Pontevedra, o Congreso Internacional de Creatividade desenvolverá os días 2 e 3 de outubro a súa segunda edición. Nela, buscará promover unha reflexión teórico-práctica que conecte a creatividade coa arte, o deseño, a educación e a comunicación, os catro eixes do proxecto de especialización Campus Crea.

Cuarenta años no es nada... (por Antonio Esteban)

Foto de la noticia destacada (luis_carreira_pasaro.jpg) Un cerebro genial
que solo piensa en pesetas.
¿Qué tendrá en sus meninges?
¿Qué tendrá en su sesera...?
¿Qué tendrá que no tendrá...?.
Lo que tiene ¡quién tuviera...¡
ver todas

Humor

Humor Sabela Arias HumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorMillán M.
 

 
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES