A vida afectiva e moral
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 31 de julio de 2025
A parte afectiva das persoas ocupa un capítulo moi importante na vida das mesmas.
E a parte moral, outro tanto.
Desde o momento da concepción precisamos mimos e coidados.
Ninguén pode amañarse sen eles.
Certo que unhas persoas son máis cariñosas que outras.
Certo que unhas son introvertidas e outras extrovertidas.
Certo que as extrovertidas maniféstanse a primeira vista; pero as introvertidas tamén teñen o seu corazonciño igualmente necesitado de amor.
A VIDA AFECTIVA NA INFANCIA
Son moitas as criaturas que gozan de moi boa saúde afectiva porque a súa familia disfruta dunha situación equilibrada que crea un ambiente con calor e cariño no fogar.
Algunhas criaturas incluso son consentidas o que significa que a súa educación sofre lagoas que poderían e deberían evitarse; pero...
O máis grave ocorre cando a criarura respira mal ambiente no fogar.
Hoxe en día as criaturas sofren moito máis que nunca nos fogares: todos sabemos os motivos.
A VIDA AFECTIVA NA ADOLESCENCIA
Nunha etapa de tantos cambios biolóxicos e psicolóxicos: o apoio debería ser unha prioridade no fogar; pero tal como están moitos fogares hoxe en día: moito deben sufrir os adolescentes.
Noutros tempos os sacerdotes católicos exercían un papel fundamental, hoxe en día tamén; pero como moitos non se bautizan, tampoco disfrutan desta axuda tan importante.
As depresións aparecen a miúdo.
Algúns ata se suicidan; pero non sae na prensa para non escandalizar.
A VIDA AFECTIVA NA XUVENTUDE
Chegado a esta idade a rapacería pode encontrarse aberta ó amor se procede dunha familia equilibrada ou mostrarse moi escéptica e desconfiada no caso contrario.
¡Pobre rapacería!
¿Merce que a tratemos así?
A VIDA AFECTIVA NA IDADE ADULTA
É consecuencia das etapas anteriores.
A vida familiar precisa vitaminas.
Está máis enferma do que se ve a simple vista
A VIDA AFECTIVA NA ANCIANIDADE
Afortunadamente hai anciáns queridos e coidados con excelencia.
Tamén os hai moi abandoados.
¡Se poideran falar...!
¡Pero por nada do mundo queren delatar ós seus!
¡Canta dor cando estan sós e enfermos, canta soidade!
Alegan que os fillos teñen que ir a traballar; pero HAI MOITO MÁIS
E cando xa máis non poden, recurren a unha residencia os poucos que teñen medios para pagala.
Cambios difíciles de asumir nesta situación.
¡Canta traxedia escondida nos seus corazonciños!
¿QUE TEN QUE VER A MORAL CON TODAS ESTAS SITUACIÓNS?
Moito porque o que é moralmente correcto, funciona ben normalmente.
A moral ensínanos cales son as nosas accións correcta e cales non, tanto a nivel individual como a nivel colectivo.
Afecta tanto a persoas relixiosas como a persoas laicas.
Afortunadamente hai moitas persoas cunha conducta moi loable; pero esas son as normais, son as que fan o que deben e non destacan.
As que si destacan e destruen a convivencia, son aquelas persoas que ignoran ou se saltan as normas básicas do amor que todos levamos impreso no noso corazón.
Unha lástima que deixemos a porta da alma aberta ó TENTADOR e que, por outra banda, poñamos PECHADURAS ELECTRÓNICAS para protexer os nosos fogares.
Se a nosa conducta fora moralmente correcta, non farían falta pechaduras.
Deberíamos poñer a moral no lugar que lle corresponde para que a nosa vida afectiva recuperara a calidade de vida que merecemos.
Podémolo conseguir se non nos deixamos seducir polo TENTADOR.
Debemos abrir a porta a Deus porque ONDE ESTÁ DEUS NON ENTRA SATANÁS.
A saúde afectiva e moral da nosa alma, meréceo.
Moitas persoas consígueno.
¿Por qué non, nós?
¡Canto gozo non se experimenta cando encontras persoas de conducta intachable no camiño da vida!
Haber, hainas.
Eu coñézoas.
¿Costa tanto ser unha persoa moralmente correcta?
¿Costa tanto favorecer unha vida afectiva saudable coas persoas que convivimos no día a día?
¿Costa tanto praticar as normas básicas da moral?
¿QUE ESTAMOS VENDO?
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora