Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un home, mil homes...

Ávila Soto, Federico - miércoles, 30 de julio de 2025
Un home che fala..., a ti que pegas/ Que insultas, que non respectas/ A ti me dirixo: con rabia, con noxo/ Coa palabra, que non é de taberna/ Cun corazón, que non é de pedra/ Coa razón de home, que á muller respecta! Versos, máis versos..., meus.
Estes días pasados..., un drama: Juana Rivas, Francesco Arcuri, e os dous fillos de ambos Gabriel e Daniel, a xustiza italiana e a española nunha causa que, carece de homes no sentido amplo da palabra. ¿E porque digo eu que “carece de homes no sentido amplo da palabra”? O home no sentido da ética, da moral, do respecto aos fillos e á persoa que un día dixo “amar”, da comprensión de que é a esposa, a muller, o sexo feminino a que nos trae a todos a este mundo, padecendo todos os dores físicos coma socias que ese acto supón, é de unha verdadeira anomalía “humana” pretender separar a fillos ou fillas “menores” do regazo da nai.
A través dos tempos..., séculos..., a muller, o sexo feminino foi e é aínda hoxe en moitas latitudes, unha máquina de gozo, e de vida, ao servizo dos homes. E así se estructurou a posición da muller que, ata fai poucos días, nin podía votar, nin firmar, nin estudar, nin opinar, nin disputarlle ao home a titularidade dos fillos ou fillas. O home, o mil homes... feito a semellanza do “deus” que todo o pode, emprende toda a súa artillería dialéctica de moral ferida, cando non sabendo, ou non querendo “amar” á quen un día dixo querer, pon o seu obxectivo en “causar dor á nai dos seus fillos, ou fillas”.
Eu non acudo ao “Dereito” en canto dar solucións ás confrontacións matrimoniais e os regulamentos na asignación da custodia dos fillos ou fillas. Aquí interveñen os que se supón cualificados para asesorar e decidir as problemáticas que se derivan das leis. Non, non acudo a iso porque eu non estou afeito ás leis dos “homes” que, por séculos, sempre lexislaron e obraron coma os “mil homes” da forza bruta, da posición predominante, da vaidade que non atura controversias, sobre todo femininas... O meu “dereito” é outro, e o de un pai que, no caso dunha imaxinaria separación da muller que “amei” ¡nunca intentaría separar á nai, dos meus fillos ou fillas “menores”! ¡Traballar, traballar e traballar para que eles ou elas, así coma á esposa que non souben “namorar” puideran vivir, educar e respectar a ese pai traballador, honesto, cariñoso e preocupado por a felicidade dos seus fillos, ou fillas! O que sempre fixen cos meus sete Soles...
Pero o caso de Juana Rivas e Francisco Arcuri non é o meu. O italiano puido levarse ao seu fillo “menor” Daniel con el a Cerdeña, lonxe da súa nai e do seu irmán Gabriel. O futuro incerto de Daniel dará moito que falar, esperemos que non haxa que lamentar a perda dunha vida inocente, coma xa ten acontecido noutros casos. O problema, para min, céntrase na “ruindade” coma home por parte de Francesco Arcuri, que actúa coma todos os “mil homes” que sempre actuaron e actúan coma “machos”, carentes das máis simples sensibilidades que o xénero humano é posuidor, se o practicara...
E sigo cos meus versos, dirixidos ás posibles sensibilidades dos homes nas controversias co sexo feminino: “Cando o ser feminino, está sempre indefenso, digo:/¿Que cara porá hoxe a mentira?/¿Que corpo usará a cobiza?/¿Que teatro nos representará a xustiza?/¿Que argalladas nos ocultará a política?”
Ávila Soto, Federico
Ávila Soto, Federico


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES