//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias tecnologia
O Observatorio Oceanográfico RAIA mellorará os seu servizos para medir e predicir o estado da mar grazas á posta en marcha dun novo proxecto europeo que permitirá, nos vindeiros tres anos, mellorar a infraestrutura desta rede de observación transfronteiriza coa integración da tecnoloxía de radares de alta frecuencia. A Consellería do Mar participa activamente neste proxecto a través do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) e do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, que coordina esta iniciativa. O proxecto conta cun orzamento de 1,4 millóns de euros e está cofinanciado polo programa de cooperación Interreg VA España-Portugal Poctep 2014-2020 e polo Feder.
Nesta ocasión, fíxose balance do Reto 3, centrado en acadar un novo modelo de vida saudable baseado no envellecemento activo. Sinalouse a importancia deste obxectivo dadas as características demográficas que ten a Comunidade galega, o significado que ten para a calidade de vida dos cidadáns e o potencial no sector agroalimentario. O que se busca é facer de Galicia unha rexión líder no sur de Europa na oferta de servizos e produtos relacionados cun modelo de vida saudable. Cabe destacar o protagonismo que ten Galicia no conxunto da Unión Europea a través doseus proxectos biotecnolóxicos, dado que a Comunidade é a terceira con máis empresas deste sector.
Se a poboación dunha pequena cidade medrase de xeito rápido e desproporcionado, a consecuencia natural sería que os servizos básicos (como a auga, o saneamento ou mesmo os alimentos dispoñibles) non alcanzarían a cubrir as necesidades de tódolos seus habitantes. Algo semellante ocorre cando as células tumorais penetran un tecido: a seu indesexada presenza provoca un incremento substancial no consumo de nutrientes e osíxeno, o que fai inabarcable a subministración desde os vasos sanguíneos a toda a poboación de células asentadas no tecido invadido. Malia todo, as células tumorais conseguen sobrevivir aproveitando certos mecanismos dos que dispón o organismo, grazas aos cales poden aumentar o número de vasos e obter así os nutrientes e o osíxeno que precisan.
Científicos de todo o mundo e empresas do ámbito da Intelixencia Artificial daranse cita en Santiago de Compostela para participar no congreso internacional ECAI 2020, que se celebrará na capital galega entre o 8 e o 12 de xuño do vindeiro ano 2020. Un acontecemento de extraordinario interese económico e social, promovido por EurAI (Asociación Europea para a Intelixencia Artificial - European Association for Artificial Intelligence) e organizado por investigadores do CiTIUS. ECAI2020 será un punto de encontro no que a investigación, a innovación e o emprendemento ao máis alto nivel mundial porán en común os últimos avances científico-técnicos na Intelixencia Artificial, coñecida como 'a electricidade do século XXI'.
Presentouse hoxe en Vigo o encontro 'Industria 4.0: a cooperación entre persoas e máquinas', xornada que forma parte da iniciativa formativa 'Industria 4.0: chave para a mellora da competitividade de Galicia', posta en marcha polo Igape, en colaboración coa Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e o Círculo Financeiro de Galicia, dentro do programa Capacita Directivos. Desde 2015, ao abeiro deste plan, téñense realizado 43 actividades formativas nas que participaron 7600 asistentes, aos que se sumarán os 1600 previstos nas accións que se están a realizar en 2019, co obxectivo de desenvolver novas competencias nas persoas e nas empresas.
Os seis proxectos participantes da súa terceira edición foron Atlante Medical, CropDeal, Feedcoo, Fisioadvisor, MyOpen e Quiero un abuelo. Destes seis proxectos, a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), concedeu unha axuda de 25.000 euros ao mellor proxecto da convocatoria polo seu carácter innovador, traballo en equipo, aproximación ao mercado e aproveitamento do programa na súa execución e posta en marcha. O proxecto elixido foi Atlante Medical, un proxecto orientado ao sector da medicina e baseado na obtención de modelos tridimensionais, que ten o obxectivo de proporcionar directamente ao profesional médico un produto final físico, extraído do modelo tridimensional do paciente, co que diagnosticar ou tratar, aumentando a precisión e reducindo os tempos de espera e de tratamento.
Dende a posta en marcha da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia concedéronse no seu marco 3.683 axudas públicas á I+D+i por máis de 833 millóns de euros que conseguiron mobilizar máis de 1260 millóns. Esta cifra supón unha porcentaxe de execución dos fondos previstos do 77,6% respecto do obxectivo inicial de mobilización de 1.624 millóns de euros ata 2020. A RIS3 está centrada en tres retos: O reto número 1 é a Xestión Innovadora dos recursos naturais e culturais; o número 2, o Novo modelo industrial sustentado na competitividade e no coñecemento; e o reto 3, o Novo modelo de vida saudable cimentado no envellecemento activo da poboación.
Tres novas redes europeas de investigación incrementarán a colaboración internacional en I+D do CiTIUS e CIQUS da USC e atraerán a mozos investigadores estranxeiros con prometedoras carreiras científicas, que se vincularán á Universidade compostelá para realizar as súas teses de doutoramento en ámbolos dous centros de investigación. Así llo trasladou xa a Comisión Europea (CE) aos responsables das únicas propostas na Universidade de Santiago que pasaron a fase de avaliación: os proxectos NL4XAI e MENELAOS_NT (CiTIUS), e o proxecto HEATNMOF (CiQUS). Ao éxito acadado polos dous centros de investigación na convocatoria engádese a confirmación de que unha das tres propostas recoñecidas inclúe tamén o liderado do consorcio.
O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo participa nun proxecto europeo de innovación que procura acelerar a transformación dixital do sector agroalimentario e máis especificamente do lácteo. O CIAM, integrado na Agacal, coordina e dirixe un experimento de innovación centrado na dixitalización de todos os elos da cadea de produción primaria do leite. O obxectivo da iniciativa é implementar melloras en todos os pasos desa cadea, desde a produción de forraxe ata a mestura e manexo do alimento, pasando pola planificación xeral de recursos e por operacións na corte.
Unha plataforma de contidos permite que cada parque xestione a súa información que se proxecta ben a través de videowalls, pantallas informativas ou mesas interactivas. A distribución deste equipamento estarse a realizar en base a un estudo previo de necesidades e posibilidades de cada un dos espazos naturais contemplados no proxecto, que inclúe, tamén, solucións de realidade aumentada ou gafas de realidade virtual. Ademais, estes contidos están accesibles desde outras canles como o referido portal Galicia natural e única e a aplicación dos parques. No marco deste proxecto, tanto a web como a app ofrecen xa novas versións.
O equipo de aeromodelismo da UVigo, Aerotech, xa ten rematado o deseño das súas novas aeronaves, Lign-0 e Mobula-0, coas que participarán en xullo en Valencia na competición española universitaria de aeromodelismo XtraChallenge 2023. 28 estudantes da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e da Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense participan neste reto que complementa a súa formación levándoos a afrontar na realidade o deseño, fabricación e voo de aeronaves.
Xa está todo listo para a celebración en Vigo da segunda edición do encontro The Thinking Institute, unha xuntanza que busca consolidarse como encontro internacional anual para especialistas do eido da nanociencia. Nesta ocasión participarán como relatores 12 expertas e expertos chegados de diferentes lugares do mundo (Michigan, Illinois, Trieste, Amberes, Lausanne
), a inmensa maioría dos cales xa participaron na primeira edición do encontro, celebrada en xullo do 2022.
O estudo das modificacións químicas dos ARNs, presentes en todos os organismos, é esencial para avanzar no coñecemento das enfermidades asociadas ao envellecemento como é o caso da síndrome metabólica, problemas cardiovasculares ou a deterioración neuro-cognitiva, entre outras.
Un encontro especial no que se recoñecerá o traballo e o talento dos profesionais dedicados á localización dos videoxogos. Así será segundo os seus impulsores a cerimonia de entrega de galardóns da II edición dos Premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos, un acto que, por segundo ano consecutivo, volverá converter a Vigo en capital da industria do entretemento dixital.
Un ano máis o persoal investigador da Universidade de Vigo volve unirse á celebración do Pint of Science, o festival de divulgación científica que aposta por levar a ciencia e o coñecemento aos bares para achegalo á cidadanía. Ao longo de tres días, entre o 22 e o 24 deste mes, seis científicos e científicas da UVigo ofrecerán relatorios e obradoiros no bar Cañaveral arredor de temáticas diversas.
A protonterapia é unha tecnoloxía que nos últimos anos está a experimentar un importante desenvolvemento e ofrece grandes esperanzas no tratamento do cancro. Esta terapia radiolóxica emprega protóns en vez de fotóns, o que diminúe o dano que a radiación pode causar nos tecidos sans que circundan os tumores.
Desde finais de 2021, a Universidade de Vigo e Copasa, Sociedad Anónima de Obras y Servicios, están a desenvolver o proxecto Railway Inspection and Information Model (RIIM). Nel, traballan na mellora das operacións de inspección e mantemento da superestrutura de vías férreas empregando sistemas ópticos de última xeración e algoritmos para o tratamento automático de información xeoespacial.
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e a Xunta de Galicia, coordina para os días 9 e 10 de maio un obradoiro científico internacional sobre as oportunidades tecnolóxicas e de investigación aplicada que se abren diante da futura apertura do Centro Galego de Protonterapia no complexo hospitalario compostelán.
A secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, Carme Artigas, entregou o Premio I+D+i en IA da Asociación Multisectorial de Empresas de Tecnoloxías da Información, Comunicacións e Electrónica (AMETIC) ao investigador Óscar Fontenla Romero do Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, asinaron esta mañá o convenio de colaboración para a cesión dos terreos na Cidade das TIC onde se vai construír o edificio onde se ubicará a sede do Ecosistema dixital do sector audiovisual de Galicia.