Notas de prensa

Identifican na USC un novo marcador que podería predicir o avance do cancro de mama

'O estudo dos glóbulos vermellos de pacientes con cancro de mama pode predicir o avance da enfermidade', así o afirma a investigadora do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) Clotide Costa, integrado pola USC e polo SERGAS, nun estudo publicado na revista Molecular and Cellular proteomics. Neste traballo descríbese por primeira vez que os glóbulos vermellos de pacientes con cancro de mama son diferentes aos de persoas sen a enfermidade.

O equipo da doutora Costa, no laboratorio da unidade Mixta Roche-CHUS, identificou unha proteína cuxos niveis son máis elevados nos pacientes con cancro de mama avanzado ou metastásico. Isto pode sentar as bases para saber se a enfermidade está a avanzar, estudando os glóbulos vermellos que se obteñen nunha análise de sangue convencional. Recentemente coñeceuse que os glóbulos vermellos, aos que tradicionalmente se relacionou unicamente como transportadores de osíxeno, teñen outras funcións adicionais como células reguladoras na circulación. Con este estudo os investigadores demostran que poderían ser ademais marcadores útiles en oncoloxía.

Así, analizáronse mostras de sangue de pacientes con cancro de mama en distintos estadios e doantes sen enfermidade, recollidas no Hospital Clínico de Santiago de Compostela. Estudouse a composición de proteínas dos glóbulos vermellos mediante técnicas de proteómica, o que permitiu identificar un potencial biomarcador de diagnóstico de enfermidade metastásica. Os resultados deste traballo, protexidos por unha patente, poderían ter unha importante aplicación clínica, xa que a metástase é a principal causa de morte por cancro e é de vital importancia detectala canto antes.

Os glóbulos vermellos ou eritrocitos son as células máis abundantes no sangue e a súa obtención é sinxela, o que permite analizar mostras en distintos momentos da enfermidade. Esta investigación levouse a cabo na Unidade Mixta Roche-Chus, iniciativa colaborativa entre a empresa Roche Farma e o grupo Oncomet do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), dirixida por Rafael López, Xefe do Servizo de Oncoloxía Médica do Hospital Clínico de Santiago. Participaron ademais o Servizo de Xinecoloxía, a Unidade de Proteómica do IDIS e o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga). O traballo foi financiado pola Axencia Galega de Innovación, Roche Farma e a Asociación Española Contra o Cancro. 

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2022-12-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (autopista-ap9.jpg) A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
Foto de la tercera plana (agro-tractor.jpg) A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.

Notas

A sexta edición de Ultrafast Science and Technology Spain 2026 botou a andar este mércores 18 na USC. O foro que se estende ata o venres 20 reúne persoal investigador e empresas cuxas áreas de desenvolvemento, innovación e investigación atópanse vinculadas ao ámbito dos láseres ultrarrápidos e ás súas aplicacións na Física, a Química, a Medicina ou a Ciencia dos Materiais.
Conformado por seis estudantes de Belas Artes e unha alumna de Comunicación, o colectivo Recanto asumiu neste curso a coordinación da Sala O Abrigo, onde nestas semanas preséntanse tamén como artistas a través da mostra colectiva 'Dentro dun espazo maior'. Articulada arredor do significado da súa propia denominación, esta exposición levounos a construír o seu propio 'recanto' dentro deste espazo da UVigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES