//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias tecnologia
A Noite Galega das Persoas Investigadoras (G-Night) celebrará o vindeiro día 27 de setembro a súa cuarta edición con máis dun cento de actividades de divulgación en rúas, parques, bares e museos de Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol e Lugo. Coordinada pola Universidade de Vigo, que lidera un consorcio formado polas universidades de Santiago e A Coruña; institutos de investigación do CSIC (IEGPS, IEO, MBG e INCIPIT) e outros organismos de investigación galegos (IDIS, CITMAga, SEBBM, CESGA e a RAGC), a G-Night volverá sacar a ciencia dos laboratorios e das aulas para achegala á cidadanía, desta volta, nunha vintena de localizacións.
A aplicación eResiduos, que forma parte da Plataforma GaiA de información ambiental de Galicia, está a ser utilizada por más de 3.500 empresas, segundo o último balance da Estratexia Galicia Dixital 2030. Entre outras accións, a aplicación permite rexistrar notificacións previas e traslados de residuos; realizar de forma telemática as notificacións relativas a materiais perigosos; levar o arquivo cronolóxico esixido pola lexislacións, ou levar un rexistro de entradas e saídas de produtos e subprodutos. A aplicación eResiduos, que forma parte da Plataforma GaiA de información ambiental de Galicia, está a ser utilizada por más de 3.500 empresas.
Os avances na dixitalización reflíctense no uso dos servizos dixitais por parte da cidadanía. Nove de cada dez trámites coa Xunta realízanse de xeito electrónico, segundo se recolle no balance 2023 do III Plan de Administración e Goberno Dixital 2025 que busca achegar a Administración á cidadanía e impulsar servizos adaptados ás necesidades das persoas. Segundo o balance 2023 do plan, o Rexistro electrónico da Administración autonómica recibiu o pasado ano preto de 1,5 millóns de presentacións de solicitudes, escritos ou comunicacións, de parte de cerca de medio millón de persoas distintas.
Un total de 40 empresas de sete comunidades autónomas presentaron propostas innovadoras para despregar o proxecto EdugalIA, a iniciativa pioneira da Xunta de Galicia para incorporar a intelixencia artificial na xestión educativa. Así o explicaron a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, esta mañá na xornada EdugalIA: o reto de transitar cara unha xestión do sistema educativo informada pola evidencia, na que se expuxeron os resultados da consulta preliminar ao mercado deste proxecto, un proceso aberto o pasado mes de setembro.
Galicia vai á vangarda española e europea nesta tecnoloxía grazas á iniciativa das empresas e a políticas como a Estratexia Galega de IA, dotada con 300 millóns de euros. E, ademais, Galicia converterase na primeira rexión europea en afrontar a regulación do desenvolvemento e impulso desta tecnoloxía na Administración tras a aprobación do proxecto de lei por parte do Consello de Goberno. Así o destacou o presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, no acto xornada sobre o impacto do Regulamento Europeo de IA nas organizacións.
Unha serie de espazos comúns virtuais, inspirados nas contornas dos tres campus da Universidade de Vigo e que poden empregarse como salóns de actos ou como espazos de presentación e exhibición, nos que a comunidade universitaria pode interactuar a través dun avatar. Pero tamén espazos para actividades específicas de diferentes ámbitos e titulacións, como a aplicación de realidade virtual para a simulación de procesos de creación audiovisual desenvolvida na Facultade de Comunicación.
A xornada Somos Cibernéticas celebra o vindeiro día 11 a súa terceira edición co obxectivo de fomentar o talento feminino no eido da ciberseguridade. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica organiza este encontro, no que participarán arredor de medio cento de rapazas de 4º da ESO que terán que afrontar catro desafíos en materia de ciberseguridade, propostos por catro especialistas neste ámbito e vinculados a mulleres relacionadas co mesmo. A xornada comezará con reto Alerta WiFi: redes ao descuberto, no que as participantes terán que crear unha rede WiFi maliciosa para comprobar como os ciberdelicuentes conseguen as credenciais do usuarios.
A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Carmen Cotelo, mantivo en Bruxelas varias reunións de traballo con representantes de distintas institucións europeas para coñecer as oportunidades que ofrecen as novas iniciativas e fondos europeos ao ecosistema galego de I+D+i e posicionar a Galicia como un referente en distintos ámbitos como a biotecnoloxía, deep tech ou os programas de captación e retención de talento como Oportunius.
O equipo de investigación liderado polo investigador do Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela Edgard Camarós quedou sorprendido polo descubrimento de marcas de corte arredor de crecementos canceríxenos nun antigo cranio exipcio, o que lles permitiu desenvolver novas ideas sobre como os antigos exipcios trataron a enfermidade. Estes achados, consideran, constitúen unha evidencia de que as sociedades antigas tentaron explorar e operar tumores hai milleiros de anos. 'Este achado é unha proba única de como a medicina exipcia antiga tentaría tratar ou explorar o cancro hai máis de 4.000 anos', engadiu o autor principal do estudo, para quen 'esta é unha nova perspectiva extraordinaria na nosa comprensión da historia da medicina'.
A Cidade da Cultura foi hoxe o escenario escollido para o lanzamento da cápsula estratosférica MarumaSat VI, no marco do proxecto da Axencia Espacial Escolar Galega (NOSA). Durante o voo, que se prolongou máis de dúas horas, a cápsula MarumaSat mediu a velocidade do son a diferentes alturas e creou unha melodía que se obterá empregando ChatGPT para correlacionar notas musicais con algunhas das variables que mide a sonda como pode ser a presión ou temperatura, relacionando así a ciencia coa arte e a accesibilidade. Ademais, no momento do lanzamento ao que asistiu o secretario xeral da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, a cápsula estratosférica levou unha mostra de ADN humano e dun fungo para ver a influencia que neles ten a exposición á radiación UV.
Dende o regreso a Compostela das esculturas de Ezequiel e Xeremías que o Mestre Mateo pensou para a entrada do Pórtico da Gloria, o Museo do Pobo Galego mantenas expostas nunha mostra que combina a investigación histórico-artística máis avanzada coas últimas tecnoloxías en virtualización do patrimonio. Así, o discurso museográfico da exposición apóiase nunha peza audiovisual que en 16 minutos achega a primeira reconstrución integral da fachada do Pórtico da Gloria da que formaron parte as dúas figuras.
A investigadora Beatriz Galindo, Inmaculada Jennifer Gómez, do grupo Nanoself do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da UDC, recibiu este luns o Premio de Investigación Ángeles Alvariño do Concello de Ferrol polo traballo 'Nanomateriais sostibles para unha biomedicina do futuro: terapias avanzadas contra o Alzheimer e valorización de residuos'.
O LHCb, un dos detectores do gran colisor de hadróns (LHC) do CERN en Suíza, produce colisións de protóns a altísimas enerxías. Estas colisións xeran partículas inestables que conteñen quarks pesados, cuxa desintegración permite estudar fenómenos de física fundamental que axudan a explicar por que o universo está formado principalmente por materia e case non contén antimateria.
O encontro 'Tecnoloxía en galego: resultados de ILENIA Proxecto Nós' serviu para dar a coñecer os resultados dos últimos tres anos de traballo do Proxecto Nós no marco de ILENIA, unha iniciativa orientada a avanzar en recursos e capacidades en tecnoloxías lingüísticas, en particular para as linguas do Estado. Datos, casos de uso e ferramentas abertas de tradución automática, síntese de voz e modelos lingüísticos en galego déronse a coñecer neste foro que se desenvolveu no Centro de Estudos Avanzados.
O Centro de Investigación Mariña da UVigo coordina unha ambiciosa iniciativa transnacional que busca impulsar o despregamento sostible de sistemas de enerxía undimotriz na área atlántica, concretamente nas costas de España, Portugal, Francia e Irlanda. Bautizado como AWESDI, o proxecto pon o foco nas rexións costeiras destes países, xa que comparten un gran potencial da enerxía xerada polas ondas.
Durante dúas xornadas, persoal investigador de universidades e centros internacionais de referencia presentarán os avances máis recentes en materiais para baterías, tecnoloxías de almacenamento e novos retos asociados á transición enerxética. A cidade da Coruña convértese así nun punto relevante da rede europea que lidera a innovación en enerxía electroquímica.
O exceso de plásticos dun só uso é un dos grandes problemas ambientais do noso tempo. Cada ano prodúcense centos de millóns de toneladas de envases que acaban contaminando océanos, ríos e solos, e moitos deles non se reciclan. Como solución, os polihidroxialcanoatos (PHA) biopolímeros totalmente biodegradables e de orixe natural ofrecen unha alternativa sostible para substituír os plásticos convencionais e abrir o camiño a envases máis activos e funcionais.
O CITIC da Universidade da Coruña reafirma o seu papel como referente europeo en solucións TIC aplicadas á saúde a través da súa participación no proxecto europeo RePo-SUDOE, centrado no reposicionamiento de fármacos mediante medicina personalizada. O equipo liderado por Carlos Fernández Lozano traballa na optimización de tratamentos grazas a ferramentas TIC avanzadas.
A Coruña converterase os días 11 e 12 de decembro nun punto de encontro internacional para o almacenamento de enerxía, coa chegada de máis de 70 expertos e expertas de universidades e centros de investigación de prestixio que participarán na reunión semestral da rede europea Alistore-ERI. O evento, que terá lugar na Reitoría da Universidade, servirá como punto de encontro entre persoal investigador, estudantado e empresas, co obxectivo de compartir os avances científicos máis recentes en baterías e materiais para a transición enerxética.
A saúde, a auga, os ecosistemas e a economía local son algúns dos ámbitos afectados polo cambio climático e para que os que non abondan solucións illadas nin sectoriais. 'A adaptación require respostas integradas e con visión sistémica, que teñan en conta as múltiples dimensións do territorio', sinala o catedrático e investigador Xosé H. Vázquez, que representa á UVigo no proxecto europeo SystR, Accelerating systemic climate adaptation across Europe through integrated ecosystems of resilience solutions.