
No segundo reto Cazadoras de trampas dixitais, as rapazas terán que evitar ser vítimas de phishing. O terceiro desafío, Gardianas dixitais: fortalecendo as defensas, afondará na importancia de empregar contrasinais seguros e o último reto, Raiñas do ciberespazo: misión impostor, centrarase na detección de novas falsas en internet.
As profesionais que lanzarán os desafíos son Olalla Rama, enxeñeira informática e Vulnerability Managment Analyt de Telefónica Tech; Conchi Fernández, enxeñeira de Telecomunicacións e Device Management de Telefónica Tech; Alba Ramos, enxeñeira de Tecnoloxías de Telecomunicacións e GRC Consultant de Govertis; e Lidia Molina, licenciada en Dereito, especializada en novas tecnoloxías e protección de datos e GRC Consultant de Govertis.
O encontro rematará co relatorio Rompendo barreiras: o talento feminino en ciberseguridade, que impartirá Belén Pérez, enxeñeira técnica industrial e coordinadora do Centro de Ciberseguridade industrial en Galicia. Calquera persoa interesada poderá seguir o evento en streaming previa inscrición no portal do GaiásTech.
Esta xornada enmárcase nas actividades do Nodo CIBER.gal, un espazo de colaboración público-privado, impulsado pola Xunta favorecer unha contorna dixital segura e afrontar, de forma colaborativa, os retos aos que se deben enfrontar empresas, cidadáns e administracións para protexer os seus activos no ciberespazo.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.