Noticias

Galicia vai ser a primeira rexión de Europa en contar cunha lei propia sobre o uso da intelixencia artificial

Galicia vai á vangarda española e europea nesta tecnoloxía grazas á iniciativa das empresas e a políticas como a Estratexia Galega de IA, dotada con 300 millóns de euros. E, ademais, Galicia converterase na primeira rexión europea en afrontar a regulación do desenvolvemento e impulso desta tecnoloxía na Administración tras a aprobación do proxecto de lei por parte do Consello de Goberno. Así o destacou o presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, no acto xornada sobre o impacto do Regulamento Europeo de IA nas organizacións.

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, subliñou hoxe que Galicia vai ser a primeira rexión en toda Europa en contar cunha lei propia sobre o uso da intelixencia artificial.

Así o destacou no acto xornada sobre “o impacto do Regulamento Europeo de IA nas organizacións”, organizada pola Xunta de Galicia en colaboración con Gartner, que contou coa participación de representantes de doce comunidades autónomas de España e da recentemente nomeada directora da Oficina de IA da Comisión Europea, Lucilla Sioli.

Durante a súa intervención, Rueda salientou a importancia que a intelixencia artificial ten en tantos ámbitos do día a día. Neste sentido, afirmou que se trata dunha cuestión xa de presente, e da que hai que aproveitar todo o seu potencial. Así mesmo, manifestou a súa alegría por encontros como este: “É bo que teñamos un espazo común onde falar entre todos de como o estamos facendo, intercambiar boas experiencias e avanzar no fundamental máis ou menos á mesma velocidade”, declarou.

Ao mesmo tempo, o presidente remarcou a necesidade de regular esta tecnoloxía, co obxectivo de garantir un uso seguro e ético, e buscando sempre avanzar: “Un fenómeno con tantísimo potencial debe ser regulado para que funcione adecuadamente”, salientou Rueda.

Neste sentido, destacou que Galicia vai á vangarda española e europea nesta tecnoloxía grazas á iniciativa das empresas e a políticas como a Estratexia Galega de IA, dotada con 300 millóns de euros. E, ademais, Galicia converterase na primeira rexión europea en afrontar a regulación do desenvolvemento e impulso desta tecnoloxía na Administración tras a aprobación do proxecto de lei por parte do Consello de Goberno. Unha lei que, para o presidente, vai ser clave para mellorar a calidade de vida e benestar das persoas: “Igual que todos os grandes avances da Humanidade, ten moitas máis vantaxes que inconvenientes. Facelo ben desde o principio vai ser fundamental para o camiño que queda por percorrer, que é moi longo”, rematou o presidente.

Principios comúns entre comunidades

Ao rematar a xornada, representantes de doce gobernos autonómicos mantiveron un encontro, co obxectivo de establecer uns principios comúns para a xestión ética e responsable da intelixencia artificial que poidan ser asumidos por todas as Comunidades Autónomas.

R., 2024-06-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES