//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
A cuarta edición do Congreso Internacional da Cátedra institucional do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da USC foi o foro no que se deron a coñecer os 21 microproxectos de investigación, divulgación e pedagóxicos concedidos pola propia cátedra a través dunha convocatoria pública co apoio da USC, a Axencia de Turismo da Xunta de Galicia e a Catedral de Santiago. Coa participación de preto dun cento de participantes de xeito presencial e en liña, o Congreso pretendía poñer en valor a actividade científica, divulgadora e didáctica de investigadores, entidades e universidades involucradas no estudo do Camiño e as Peregrinacións.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 13.963 deles 2.371 son da área da Coruña, 1.364 da de Lugo, 2.285 da de Ourense, 2.485 da de Pontevedra, 3.165 da área de Vigo, 1.721 da de Santiago e 572 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 22 están en UCI, 153 en unidades de hospitalización e 13.788 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 129.036 persoas curadas, rexistrándose 2.443 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.488.919. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.331.572.
O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a decisión do comité clínico de limitar as reunións de non conviventes, cunha especial énfase nas nocturnas, e permitir a apertura da hostalería cun control de acceso nos niveis de incidencia máis alta. Durante a súa comparecencia para dar conta da reunión do comité de expertos sanitarios, na que se avaliou a situación actual como consecuencia da pandemia, Feijóo referiuse nun primeiro termo aos concellos que se atopan nos niveis de incidencia máis alta. Así, en concreto precisou que pasan a nivel máximo sete concellos: O Barco de Valdeorras, Cambados, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Sanxenxo, Meaño e O Grove.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 12.889 deles 2.214 son da área da Coruña, 1.241 da de Lugo, 2.181 da de Ourense, 2.258 da de Pontevedra, 2.909 da área de Vigo, 1.580 da de Santiago e 506 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 21 están en UCI, 153 en unidades de hospitalización e 12.715 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 128.627 persoas curadas, rexistrándose 2.443 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.481.253. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.309.925.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.086 deles 1.898 son da área da Coruña, 1.023 da de Lugo, 2.014 da de Ourense, 1.879 da de Pontevedra, 2.490 da área de Vigo, 1.357 da de Santiago e 425 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 21 están en UCI, 119 en unidades de hospitalización e 10.946 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 128.174 persoas curadas, rexistrándose 2.442 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.468.140. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.281.726.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.319 deles 1.330 son da área da Coruña, 700 da de Lugo, 1.617 da de Ourense, 1.550 da de Pontevedra, 1.845 da área de Vigo, 976 da de Santiago e 301 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 82 en unidades de hospitalización e 8.223 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 127.459 persoas curadas, rexistrándose 2.441 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.447.140. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.223.330.
A fundadora e presidenta entre 2001 e ata o seu falecemento en 2009 da Asociación Alar de Galicia, María Jesús Díaz Sánchez; a produtora, escritora e directora de cine, Zaza Ceballos; e a Asociación Mirabal recibirán as Medallas Emilia Pardo Bazán na terceira edición destes premios. O xurado vén de fallar estes galardóns cos que a Xunta recoñece o labor a favor da igualdade de oportunidades para construír unha sociedade máis igualitaria baseada nos principios de igualdade, xustiza e solidariedade. María Jesús Díaz, máis coñecida como Marijé Díaz, recibirá a medalla a título póstumo.
As tres universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia (SUG) incorporarán á súa oferta académica para o vindeiro curso un total de dez titulacións a razón de tres graos, cinco másteres e dous programas de doutoramento novos para o vindeiro curso 2021-22. A oferta destas novas titulacións faise efectiva no Diario Oficial de Galicia de hoxe, coa publicación da orde de implantación de ensinanzas universitarias en Galicia. Todas as titulacións recibiron o visto e prace do Consello Galego de Universidades, da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) e do Consejo de Universidades.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.208 deles 1.191 son da área da Coruña, 631 da de Lugo, 1.429 da de Ourense, 1.285 da de Pontevedra, 1.591 da área de Vigo, 817 da de Santiago e 264 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 65 en unidades de hospitalización e 7.129 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 127.228 persoas curadas, rexistrándose 2.441 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.438.737. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.196.112.
Un total de 465 centros educativos, 42 deles de nova incorporación, formarán parte o vindeiro curso do modelo plurilingüe da Xunta de Galicia, unha acción enmarcada na Estratexia galega de linguas estranxeiras, EDUlingüe, cuxo obxectivo fundamental é estender o plurilingüismo a todas as etapas educativas e facilitar que os alumnos e alumnas poidan acreditar o seu nivel de lingua estranxeira ao final de etapa. Este modelo plurilingüe -que implica a impartición de ata un terzo do horario lectivo en lingua estranxeira- comezouse a aplicar no curso 2010/11 para as etapas de educación obrigatoria, isto é, de Primaria e ESO (o denominado Plurilingüismo clásico). Xa a partir do curso 17/18, a Consellería de Educación ampliouno ás etapas de Infantil (Plurinfantil), Bacharelato (Pluribach) e FP (PluriFP).
A Consellería de Sanidade vén de poñer a disposición da cidadanía o teléfono 902 400 116 para dar información xeral sobre o Coronavirus. Neste número, pódense resolver todas as dúbidas que as galegas e galegos teñan ao respecto. En calquera caso, para cidadáns con sintomatoloxía (febre, tos, sensación de falta de aire,...) e que volvesen ou tivesen contacto con persoas en zonas de risco, tamén está dispoñible o teléfono 061 para consultas.
Convocado o 6º Campionato Galego de Formación Profesional Galiciaskills 2020, a olimpíada autonómica de Formación Profesional da que saíran os representantes galegos nas Spainskills 2021. O obxectivo deste campionato é darlle unha maior proxección e difusión á FP que se imparte na nosa Comunidade Autónoma. Galiciaskills 2020 celebrarase en Silleda, no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, no mes de novembro de 2020.
O programa ten como finalidade fortalecer as ligazóns que relacionan a estes mozos e mozas coa terra dos seus familiares e que, en moitas ocasións, senten como propia ao mesmo ou superior nivel dos países onde naceran. A iniciativa, para moitos deles, supón a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial. Trátase, en definitiva, de fortalecer eses vínculos como base sólida para un ulterior retorno definitivo.
O Entroido é unha das festas populares máis celebradas en toda Galicia. Hoxe enténdese coma un tempo lúdico, para gozar da gastronomía típica, ou mesmo facer falcatruadas. Porén, a longa tradición deste festexo agocha un sentido completo, e tamén a resposta a múltiples incógnitas en torno ao mesmo. Cal é a súa orixe? De onde vén o seu nome? Por que se usan máscaras ou se come cocido? Velaquí unha pequena viaxe polas raíces do Entroido galego.
O Premio de Investigación sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións ten por obxecto recoñecer a investigadores nacionais ou estranxeiros que teñan publicado durante 2019 un traballo en formato libro, ou defendido unha tese de doutoramento, que tivera como tema de estudo o Camiño de Santiago ou as Peregrinacións. O galardón que chega xa á súa terceira edición, impulsado pola Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da USC.
A feira da enerxía de Galicia, Enerxétika 2020, estrea nesta terceira edición un espazo dedicado a poñer en valor proxectos innovadores no ámbito da sustentabilidade, a eficiencia enerxética e as enerxías renovables en calquera dos subsectores do certame. Os proxectos que estarán presentes nesta área, denominada Salón da Innovación Enerxétika (SIE), serán seleccionados por un xurado entre todas as propostas que reciba a organización.
Hai cinco anos chegaba a Portugal a serie coa que os Bolechas triunfaban xa na Televisión de Galicia. Un éxito que se trasladou de inmediato ao país veciño, onde a popular familia xa era coñecida grazas aos máis de cen libros publicados en portugués. A emisión das aventuras destes queridos personaxes na Televisión Pública de Portugal (RTP) supuxo un novo impulso do proxecto que se traduciu en propostas editoriais, concursos de enorme éxito e na renovación da serie tempada tras tempada.
María Antonia Rilo foi proposta pola Federación de Asociacións Veciñais Limiar polo seu relevante traballo desde a esfera pública e privada na defensa dos dereitos das mulleres e a loita pola igualdade de xénero. A Rede Galega contra a Trata foi proposta pola Concellería de Igualdade por ser un instrumento de intervención e coordinación entre as asociacións e persoas integrantes da rede, a sensibilización dos axentes sociais implicados nesta problemática.
A Terraza é un testemuño singular dos pavillóns ou quioscos modernistas típicos dos anos 20 e representa un caso único de conservación dos inmobles desta tipoloxía e función na Comunidade Autónoma, ao ter sobrevivo á desaparición case absoluta dos seus coetáneos, dos cales existiron abondosos exemplos. Trátase, ademais, dunha construción sobranceira para Galicia polos seus extraordinarios valores culturais e unha dimensión social significativa asociada á identidade e historia recente da vila sadense.
Á edición dos premios deste ano concorreron 42 empresas galegas, das que foron seleccionadas cinco finalistas centradas en actividades TIC, a xestión financeira, a seguridade viaria e o desenvolvemento de sistemas de monitorización e optimización de procesos produtivos. Ademais da iniciativa gañadora do galardón, Alen Space, dedicada ao deseño e fabricación de satélites espaciais, as empresas que chegaron á fase final, son: Opseeker, Coinscrap Finance, Netum Solutions e Data Monitoring.