
Trátase dun campionato eminentemente práctico que consistirá no desenvolvemento de 30 competicións relacionadas coas especialidades de formación profesional, nas que o alumnado participante medirá as súas destrezas e demostrará as súas capacidades na realización das correspondentes probas.
Solicitudes
No certame poden participar as alumnas e alumnos matriculados nos ciclos formativos de formación profesional en centros sostidos con fondos públicos de Galicia, cunha idade máxima de 21 anos feitos durante o ano 2020 (coa excepción do skill de Mecatrónica no que os participantes terán como máximo 24 anos feitos neste ano).
Con carácter xeral, cada centro educativo poderá presentar un máximo dun competidor ou equipo por modalidade, excepto nas modalidades de Tecnoloxía da moda, Deseño e animación de xogos 3D, e Pintura e decoración. A participación en cada modalidade de competición será individual salvo nas modalidades de Mecatrónica e Xardinaría paisaxística, nas que participarán en equipos de dúas persoas por centro.
Será o centro quen determine o sistema de selección dos competidores/as. A persoa competidora irá acompañada dun profesor ou profesora do centro, que exercerá a súa titoría e encargarase da súa preparación para a competición. En calquera caso o alumnado participante non poderán ter participado con anterioridade nas Spainskills.
Os centros que queiran presentar alumnado a esta competición deberán remitir a solicitude de inscrición antes do día 31 de marzo de 2020 ao enderezo de correo electrónico [email protected]
Premios
Para a avaliación das probas realizadas polos participantes constituirase un xurado que poderá estar composto por representantes das empresas patrocinadoras da competición ou por representantes da industria do sector correspondente e polos titores do alumnado participante na competición.
Haberá dous premios por competición. A persoa que obteña a maior puntuación en cada skill recibirá a medalla de ouro. Este alumnado, xunto cos xefes e as xefas de equipo (profesorado titor), conformarán o equipo galego que representará a Galicia en Spainskills 2021.
A persoa que obteña a seguinte mellor puntuación en cada skill recibirá a medalla de prata e quedará de suplente para competir no campionato nacional no caso de que o participante que obtivo a medalla de ouro non puidese participar.
Todas as persoas participantes recibirán un diploma acreditativo de ter participado en Galiciaskills 2020. Ademais, o profesorado experto e titor que tome parte na competición recibirá a correspondente certificación de participación na actividade de innovación educativa Galiciaskills 2020, cunha equivalencia de 15 horas de formación permanente do profesorado.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.