
Este quinto aniversario na RTP coincide con outra celebración moi especial: o 20 aniversario dos Bolechas. Non podÃa imaxinar Pepe Carreiro no ano 2000, cando publicou a primeira historia, que a súa familia se converterÃa nun éxito sen precedentes para a cativada galega e nun referente cultural. Desde aquela primeira historia van máis de 650 tÃtulos publicados, ademais de numerosos produtos audiovisuais e dixitais, espectáculos, pasacalles e infinidade de actividades didácticas especÃficas para o alumnado de educación infantil e primaria de Galicia.
Diversión e aprendizaxe
Se algo caracteriza os Bolechas é a singular combinación dunha proposta lúdica e de interese para a infancia cun carácter pedagóxico implÃcito en todas as súas propostas. Este éxito queda patente en cada unha das propostas dos Bolechas dentro e fóra da nosa comunidade onde continúan sumando fans que os seguen co mesmo cariño e interese do primeiro dÃa. Para rememorar os clásicos e gozar das novas propostas, os Bolechas preparan unha chea de sorpresas neste 20 aniversario.
A primeira foi a reedición de catro das primeiras historias nun libro que inclúe un código de descarga para escoitalas en formato audioconto, unha nova forma de achegarse aos Bolechas que fomenta a imaxinación e a inclusión sen perder a esencia da popular familia. En breve sairán novos volumes desta colección, cada un con outros catro tÃtulos daquelas primeiras aventuras ideadas por Pepe Carreiro e moitas outras sorpresas coas que celebrar estes 20 anos de éxitos.
A RTP, un referente audiovisual para Portugal e máis alá
A Radio e Televisión de Portugal (RTP) é a empresa pública de radio e televisión que xestiona varias emisoras de radio e dúas canles de televisión que emiten para todo o territorio portugués, ademais doutras cadeas a nivel nacional e internacional, como a RTP Ãfrica que emite para varios paÃses de fala portuguesa. A emisión dos Bochechas e a súa presenza diaria durante un lustro no espazo destinado á programación infantil, Zig Zag, supón un fito histórico para esta serie, referente tamén na programación infantil da Televisión de Galicia.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.