
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a nova convocatoria do programa Conecta con Galicia, dirixido aos mozos galegos residentes no exterior con idades comprendidas entre os 15 e os 20 anos. O obxectivo desta iniciativa da SecretarÃa Xeral da Emigración é ofrecer, en colaboración coa ConsellerÃa de PolÃtica Social, a oportunidade á mocidade galega que reside fóra da comunidade de achegarse á realidade da Galicia actual, asà como ás súas familias e mesmo a outros mozos da súa mesma franxa de idade e residentes nela.
O programa ten como finalidade fortalecer esas ligazóns que relacionan a estes mozos e mozas coa terra dos seus familiares e que, en moitas ocasións, senten como propia ao mesmo ou superior nivel dos paÃses onde naceran. A iniciativa, para moitos deles, supón a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial. Trátase, en definitiva, de fortalecer eses vÃnculos como base sólida para un ulterior retorno definitivo destes galegos do Exterior á terra da orixe familiar.
Axudas e organización
A convocatoria deste ano, cuxo prazo de solicitudes estará aberto durante un mes, dispón dun total de 174 prazas, que contarán con diferentes graos de axuda económica: desde o 100% dos custes dos billetes e os traslados ás diferentes sedes das actividades ata a ausencia de aportación económica, nos casos nos que non sexa necesaria. En todos eles, a ConsellerÃa de PolÃtica Social porá á disposición das persoas beneficiarias os servizos de aloxamento e manutención nos albergues xuvenÃs e residencias asignadas, asà como os medios de desprazamento das persoas beneficiarias das actividades de aire libre desde os aeroportos de chegada a Galicia ata a instalación que lles sexa asignada.
A SecretarÃa Xeral da Emigración, pola súa banda, farase cargo da organización da viaxe e dos traslados aéreos das persoas participantes mediante o financiamento do custo dos billetes de ida e volta en avión, segundo o número de prazas que figuran no anexo I, agás para as persoas participantes procedentes do resto de comunidades autónomas do Estado español. Estas viaxes serán, en todo caso, con destino e orixe nun aeroporto de Galicia. Asà mesmo, encargarase dos desprazamentos terrestres en Galicia de todas as persoas participantes que realicen un retorno inmediato desde a instalación en que rematen a actividade ata o aeroporto de saÃda.
Actividades de natureza e cultura
‘Conecta con GaliciaÂ’ está integrado por actividades de aire libre, das que se beneficiarán 174 mozos e mozas galegos residentes fóra de Galicia, distribuÃdos en dous grupos de idade, de 15 a 17 anos e de 18 a 20 anos. Estes beneficiarios do programa compartirán con mozos residentes en Galicia, en dúas quendas de dez dÃas no mes de xullo, as residencias e albergues xuvenÃs situados en Galicia e dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Nestas instalacións realizarán dúas actividades, de cinco dÃas cada unha. Durante a primeira, denominada “Cultura e Camiño”, os participantes aloxaranse nas devanditas residencias, onde participarán en actividades dirixidas a coñecer o patrimonio histórico cultural das respectivas zonas, e percorrerán o Camiño de Santiago en varias etapas ata o destino final en Compostela. O segundo grupo de actividades, tamén de cinco dÃas de duración, desenvólvese baixo o paraugas do epÃgrafe “O mar de Galicia” no albergue xuvenil de GandarÃo en Bergondo (A Coruña) onde realizarán actividades de náutica de lecer e de coñecemento do medio mariño.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.