//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.298 deles 1.086 son da área da Coruña, 539 da de Lugo, 1.243 da de Ourense, 1.139 da de Pontevedra, 1.389 da área de Vigo, 671 da de Santiago e 231 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 57 en unidades de hospitalización e 6.231 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 127.043 persoas curadas, rexistrándose 2.439 falecementos.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou esta maña en rolda de prensa, da decisión de limitar as xuntanzas na hostalería a un máximo de 6 persoas no interior e, a 10 no espazos exteriores e terrazas, en todos os niveis, salvo no nivel alto e máximo, no que segue a prohibición de abrir no interior dos locais. O titular da carteira sanitaria da Xunta apuntou que esta medida terá carácter de recomendación nos restantes ámbitos sociais, co ánimo de atallar a expansión do virus. García Comesaña trasladou a súa preocupación pola importante suba de novos casos detectados nas últimas datas, onde se destaca a presenza dun amplo número de persoas mozas.
Os prezos das matrículas universitarias nas tres universidades públicas galegas vanse manter conxelados para o vindeiro curso 2021-22, polo que un estudante vai seguir desembolsando a mesma contía que 11 anos atrás por cursar os seus estudos de grao ou máster en Galicia, o que supón un aforro medio de preto de 19M anuais para as familias galegas. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o Decreto polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos no Sistema Universitario de Galicia para o curso académico 2021-22. No caso das matrículas de grao o prezo medio manterase por décimo primeiro ano consecutivo en 11,89 /crédito, o que supón un aforro de 4,44 euros con respecto aos 16,33 /crédito de media de España.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.058 deles 957 son da área da Coruña, 467 da de Lugo, 980 da de Ourense, 869 da de Pontevedra, 1.058 da área de Vigo, 535 da de Santiago e 192 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 11 están en UCI, 55 en unidades de hospitalización e 4.992 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 126.775 persoas curadas, rexistrándose 2.439 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.240.822. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.106.763.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.670 deles 745 son da área da Coruña, 395 da de Lugo, 606 da de Ourense, 663 da de Pontevedra, 734 da área de Vigo, 386 da de Santiago e 141 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 50 en unidades de hospitalización e 3.610 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 126.359 persoas curadas, rexistrándose 2.439 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.402.119. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.992.471.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.231 deles 709 son da área da Coruña, 352 da de Lugo, 483 da de Ourense, 615 da de Pontevedra, 636 da área de Vigo, 313 da de Santiago e 123 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 9 están en UCI, 49 en unidades de hospitalización e 3.173 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 126.239 persoas curadas, rexistrándose 2.439 falecementos.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou en rolda de prensa da obrigatoriedade de presentar o resultado dunha proba diagnóstica negativa ou o certificado de vacinación completa, para acceder aos locais de ocio nocturno nos concellos galegos nos que rexan as medidas do nivel medio. O titular da carteira sanitaria da Xunta, apuntou que o Executivo galego aposta polo desenvolvemento dun ocio seguro, ao tempo que trasladou a preocupación das autoridades sanitarias polo aumento de casos positivos entre a mocidade.
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar, na súa xuntanza desta tarde, o nivel alto de restricións para os concellos de Sarria, Cambados, A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa. Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Culleredo, Ribadavia, Ourense, Barbadás, Caldas de Reis, Poio, Pontevedra, Marín, Redondela e Salceda de Caselas. Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 10 de xullo.
O XVII Congreso Nacional e IX Iberoamericano de Pedagoxía botou a andar este mércores baixo o lema A educación en Rede: Realidades Diversas, Horizontes Comúns para poñer en valor temáticas como a inclusión, o desenvolvemento e a sustentabilidade. Este foro que foi inaugurado polo reitor Antonio López pretende potenciar a reflexión sobre realidades que non escapan dos desafíos educativos actuais como o big data no marco dunha sociedade en rede, apuntan dende o comité organizador. No acto inaugural, tomou parte o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; Alejandro Tiana Ferrer, secretario de Estado de Educación; e Mariano Jabonero Blanco, secretario xeral da Organización dos Estados Iberoamericanos.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.638 deles 643 son da área da Coruña, 284 da de Lugo, 336 da de Ourense, 546 da de Pontevedra, 479 da área de Vigo, 247 da de Santiago e 103 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 47 en unidades de hospitalización e 2.579 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 126.055 persoas curadas, rexistrándose 2.437 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.385.985. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.909.134.
Entre os días 17 e 20 de febreiro celebrarase a segunda edición de Tempo da Psicoloxía, un proxecto organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e que se desenvolverá na capital compostelá. Ao longo destes catro días, a sociedade dixital será obxecto de reflexión desde o enfoque da psicoloxía na súa interacción con diversos axentes sociais.
Foi inaugurada na igrexa de Santa María A Real do Cebreiro a mostra itinerante 'O FIN DO CAMIÑO', organizada polo Colectivo Egeria, e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través do programa O teu Xacobeo. Deste xeito, o proxecto chega ao final da súa primeira fase, na que a exposición percorreu o Camiño Francés en sentido inverso, desde Santiago de Compostela ata O Cebreiro. Están previstos novos desprazamentos nos vindeiros meses polo resto de Camiños, dentro e fóra de Galicia.
Colexios galegos e portugueses levan días traballando nas súas emisoras escolares cara ao evento que se celebrará este xoves onde, como cada ano, vaise conmemorar o Día Mundial da Radio. 'Ponte...nas Ondas!' convidou ás escolas a sumárense á celebración baixo a temática proposta pola UNESCO en 2020, que é a DIVERSIDADE en todas as súas manifestacións: diversidade cultural, de xénero, de idades, de nacionalidades, etc.
A Mesa pola Normalización Lingüística e o Grupo de Normalización do estudantado de Medicina presentáronlle a campaña Falar galego é saudábel ao Presidente do Parlamento, Miguel Santalices, como representante da primeira institución de Galiza, médico de profesión e persoa comprometida coa saúde en galego. A campaña Falar galego é saudábel xurde co obxectivo de que a lingua galega se desenvolva con normalidade como lingua de relación entre persoal e doentes.
A recén premiada co Goya a actriz revelación, dará o discurso de apertura do evento, o sábado 29 de febreiro ás 12.30 h na carpa do campo da feira. A súa carreira como actriz comezou en 2019 cando despois de que a súa filla a levara ao casting, debutou cun papel protagonista no filme O que arde, de Óliver Laxe, interpretación pola que aos seus 84 anos foi premiada o pasado 25 de xaneiro co Goya 2020 á mellor actriz revelación.
A localidade onde se fala unha variante do galego máis parecida ao estándar é o concello de A Lama (Pontevedra), cun 82,09% de semellanza. Pola contra, as maiores diferencias atopáronse na localidade leonesa de Pombriego, na que a variedade falada só se asemella nun 34,29% ao galego normativo. Así o amosa un estudo que vén de publicar Xulio Sousa, do departamento de Filoloxía Galega e membro do Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC, na revista Languages.
Velca Motor, a compañía de motocicletas eléctricas que aspira a liderar o mercado en España, anuncia hoxe o seu ambicioso programa de entrega de motocicletas eléctricas equivalente a 49cc para a primeira semana de marzo e o lanzamento da súa nova moto eléctrica de 125cc que tamén se pode reservar a través da súa páxina web nos próximos días.
O IES David Buján de Cambre inaugura a quinta edición de Xornalismo na Escola la Caixa, a iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social la Caixa para impartir obradoiros de xornalismo entre os escolares de 3º e 4º da ESO nos institutos de educación secundaria de Galicia. O centro de ensino cambrés acollerá tres talleres, o primeiro deles o luns 3 e os dous restantes o venres 7.
O festival Esmorga Fest, considerado como o festival máis madrugador do ano e que reunirá aos amantes da música indie e underground o 13 e 14 de Marzo en Sarria (Lugo), presenta o seu cartaz definitivo con incorporacións que non deixarán a ninguén indiferente. Un cartza do que os medios xa se fan eco polo seu alto nivel de calidade para un festival cun prezo reducido e que gozará de todas as comodidades que nada deixa que envexar aos grandes festivais do panorama nacional.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol abren a convocatoria da décimo sexta edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa. O premio, que leva o nome do cámara ferrolán asasinado en Bagdad no 2003, ten o obxectivo de recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente.