Actualidad de Sociedad

Noticias sociedad

A Comunidade galega viviu un mes de xuño lixeiramente frío e moi húmido debido sobre todo a unha segunda quincena marcada polos episodios de carácter tormentoso e as chuvias persistentes. Así se desprende do avance do informe climatolóxico de MeteoGalicia, que conclúe que durante este período as precipitacións rexistradas duplicaron os valores habituais e previsibles para esta época do ano. A anomalía pluviométrica, de feito, foi a principal característica de xuño, que climatoloxicamente non adoita ser moi chuvioso e, sen embargo, este ano pechouse no conxunto da Comunidade cun 102% máis de precipitacións do esperado.
Parece unha historia do pasado, e oxalá podamos percibila pronto como un afastado recordo, pero hai poucos meses que as residencias de maiores e persoas con discapacidade constituían motivo xeneral de preocupación nunha grave situación de pandemia que arrasou a todo o país, cebándose especialmente nos máis vulnerables. A situación implicou centrar todos os esforzos en converter estas instalacións en auténticas fortalezas nas que ninguén podía entrar nin saír sen causa xustificada.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.466 deles 627 son da área da Coruña, 264 da de Lugo, 311 da de Ourense, 510 da de Pontevedra, 429 da área de Vigo, 237 da de Santiago e 88 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 11 están en UCI, 50 en unidades de hospitalización e 2.405 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 125.992 persoas curadas, rexistrándose 2.437 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.382.021. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.883.496.
Artellado como un encontro de tres días que terá lugar do 5 ao 7 de novembro no novo Edificio Fontán da Cidade da Cultura, Carta de Santiago contará coa participación de relatores e relatoras de prestixio internacional, especialistas nos diferentes eidos temáticos que tratará o evento, que se estrutura en catro macro-áreas: economía, ciencia, medio ambiente e cidadanía. Das conclusións deste encontro nacerá unha publicación homónima, documento que ademais de recoller as reflexións xeradas, incluirá textos que complementen as conversas e debates ao vivo.
A Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.285. Deles 610 son da área da Coruña, 240 da de Lugo, 279 da de Ourense, 459 da de Pontevedra, 386 da área de Vigo, 223 da de Santiago e 88 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 41 en hospitalización e 2.234 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 125.929 persoas curadas, rexistrándose 2.437 falecementos.
A Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.136. Deles 597 son da área da Coruña, 230 da de Lugo, 254 da de Ourense, 413 da de Pontevedra, 359 da área de Vigo, 209 da de Santiago e 74 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 11 están en UCI, 42 en hospitalización e 2.083 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai 125.849 persoas curadas, rexistrándose 2.437 falecementos.
A Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.994. Deles 574 son da área da Coruña, 224 da de Lugo, 229 da de Ourense, 367 da de Pontevedra, 328 da área de Vigo, 190 da de Santiago e 82 da de Ferrol. Do total de positivos, 9 están en UCI, 46 en hospitalización e 1.939 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 125.762 persoas curadas, rexistrándose 2.436 falecementos.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia no 145º pleno do Comité Europeo das Rexións que rematou este xoves e tivo ocasión de debater co vicepresidente da Comisión para a Promoción do Modo de Vida Europeo, Margaritis Schinas, sobre A promoción dos valores europeos a través da cultura e da educación. Neste ámbito, o director xeral reivindicou o papel do Xacobeo 21-22 e do Camiño de Santiago, como elementos fundamentais para a transmisión dos valores culturais europeos e para a construción da identidade europea actual.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou dun novo investimento de máis de 10 millóns de euros para os programas integrados de emprego, subliñando que a medida, dirixida a entidades locais, xuntas ou agrupadas, e a organizacións con personalidade xurídica sen ánimo de lucro, inclúe 40 programas dirixidos cada un a 100 desempregados, co fin de reforzar as súas competencias fronte ao mercado de traballo. Nesta ocasión, a partida elévase un 20%, dos 8,4 aos 10 millóns de euros. No tocante aos requisitos, os beneficiarios terán que garantir unha inserción laboral mínima do 35% dos participantes.
A Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.837. Deles 544 son da área da Coruña, 222 da de Lugo, 199 da de Ourense, 321 da de Pontevedra, 297 da área de Vigo, 176 da de Santiago e 78 da de Ferrol. Do total de positivos, 10 están en UCI, 43 en unidades de hospitalización e 1.784 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai 125.648 persoas curadas, rexistrándose 2.436 falecementos.
« Anterior | 93  de  401 | Siguiente »

Notas sociedad

Expoñeranse 97 fotografías xunto con 49 documentos orixinais dos fondos de Educación e do Goberno Civil. A maioría das fotografías foron tomadas por José Luís Vega e abranguen cronoloxicamente o período 1942-1997 e están agrupadas en sete seccións: “Tempo de saúde”, “Tempo de familia”, “Tempo de aprender”, “Tempo de lecer”, “Tempo de festa”, “Tempo de deporte”, e “Tempo de traballo”. Con esta compilación, o Arquivo trata de reflectir todos os aspectos da vida pública e privada da infancia.
O concurso levado a cabo no marco da Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda - Francisco Mantecón para deseñar a imaxe das Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño que impulsan a Xunta de Galicia e as Rutas do Viño xa ten gañadores.Jesús Barbeito e Álvaro Ortiz son os vencedores entre un total de 61 propostas de 36 deseñadores de 17 países tan diversos como Indonesia, Estados Unidos, Francia, Brasil, Bulgaria, Polonia e Rusia, así como de diferentes puntos de España.
A Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo, Clubtura e Estrella Galicia continúan coa cuarta edición do Ciclo Clube Estrela Galicia. A sala coruñesa Mardi Gras acolle o 1 de febreiro o concerto de Moon Cresta e Frying Luras; mentres que o Garufa Club contará o 14 de febreiro con DA Trío e Udra. Na provincia de Pontevedra, na Aturuxo de Bueu estarán The Lelli Kelly’s e Enxeito e na sala Contrabajo, Vigo, AFF60 e Jay Doe & The Blues Preachers.
'Vendo. Compro. Cambio' era a mensaxe coa que o neno Francisco Latorre Eced anunciaba un posto de compra-venda de cómics co que axudar á subsistencia da súa familia, represaliada nos anos da posguerra e refuxiada na cidade de orixe da súa nai, Huesca. Hoxe a mensaxe recupera actualidade como lema dunha exposición homónima da man da artista María X. Fernández que abriu as súas portas este luns 20 na Igrexa da Universidade.
O centro albergará de xeito permanente o mural que a artista elaborou para os Premios da Cultura Galega 2019, con tres referencias principais: a cidade olívica, coa presenza dalgúns dos seus espazos máis emblemáticos; a movida viguesa, movemento cultural e creativo excepcional que foi protagonista desta edición dos Premios; e o movemento artístico Atlántica, que iniciou a eclosión dun momento artístico dinamizador da arte galega no último terzo do século XX.
A difusión dos valores da dieta atlántica foron o exito central dunha xuntanza celebrada na Reitoría compostelá coa participación de representantes da Fundación Dieta Atlántica, Turismo de Galicia, Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) e do grupo Lume Atlántico así como do chef Santiago Fernández, e aos que recibiu o reitor Antonio López. O obxecto deste encontro foi a definición de posibles vías de traballo conxunto entre as distintas institucións arredor desta fórmula gastronómica.
Hoxe comezou oficialmente a segunda edición do concurso escolar Pilabot, unha iniciativa para promover a recollida selectiva de pilas, acumuladores e baterías usadas entre os máis cativos e na que participan un total de 150 centros de primaria e secundaria de toda Galicia. A actividade central desta segunda edición de Pilabot volverá ser o concurso escolar de reciclaxe, de forma que os centros competirán entre si para acadar as mellores cifras de recollida de pilas de Galicia.
O Museo Gaiás da Cidade da Cultura superou no Nadal as 23.000 visitas grazas á mostra 'Galicia, un relato no mundo' –primeira grande exposición internacional para o Xacobeo 21– e ás actividades para público familiar para estas datas, nas que se recreou unha vila máxica elaborada con globos biodegradables, dinamizada con obradoiros de balde e con dous grandes espectáculos: un circense-musical e outro con sete magos internacionais.
A Materioteca de Galicia celebra os seus primeiros meses de traxectoria cun balance positivo e a perspectiva de consolidar e ampliar as súas actividades como instalación de referencia dos materiais innovadores para as empresas e profesionais do deseño galegos. Desde a súa apertura xa son varias as colaboracións entre empresas e profesionais que se teñen propiciado arredor dos materiais innovadores que se expoñen na instalación do CIS Tecnoloxía e Deseño.
Publícase hoxe a convocatoria de axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario "Erasmus+", para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2019/2020, que conta cun orzamento de 1.517.000 euros. Deste xeito, todos os estudantes galegos que tiveran dereito ás axudas europeas poderán ter acceso tamén ás axudas complementarias autonómicas.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES