
Pódese polo tanto asegurar que a peza conecta 40 anos de creación artÃstica e cultural de Vigo.
A técnica empregada neste mural foi acrÃlico, pintura plástica e sprai sobre madeira e a obra ten unhas medidas de 7,5 m x 2,5 m. O mural foi tamén o galardón dos premiados que recibiron un orixinal a escala do mesmo.
Lula Goce é un dos expoñentes da arte urbana en Galicia. A súa obra ten un amplo recorrido internacional, especialmente os murais de gran formato, que están presentes en cidades de Europa, México e Estados Unidos. O seu traballo adoita ter unha gran carga social e conta con abundantes retratos de persoas onde transita do Ãntimo ao global para captar toda a identidade de cada faciana.
A súa exitosa carreira permitiu que o mural Xa che Vigo fose protagonista no escenario dos Premios da Cultura Galega 2019, unha gala celebrada na cidade olÃvica e á que acudiron máis de 900 persoas. Nesta edición, os premiados foron Xesús Alonso Montero na modalidade de Letras, Soledad Penalta na de Artes Plásticas, Monicreques de Kukas na categorÃa de artes escénicas, Amancio Prada na de música, a serie de televisión O sabor das margaridas no apartado de audiovisual, Pilar Ponte Patiño no de lingua, a restauración do Pórtico da Gloria na modalidade de patrimonio cultural e o programa Galego en Londres na de proxección exterior.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.