
Como xa anunciara a pasada semana durante o peche do proxecto transfronteirizo Eurocidade 2020, o director xeral tomou a palabra, tamén, con motivo da aprobación da resolución "Unha visión para Europa: o futuro da cooperación transfronteiriza", para poñer en valor a "fundamental contribución das eurorrexións á integración europea" e para pedir á Comisión e aos Estados membros que se reforce o papel destes entes a través dun maior apoio financeiro.
Ao longo das dúas xornadas que compuxeron o pleno, presentáronse varios ditames en clave de transición climática e enerxética para a súa aprobación, como os ditames Estratexia de mobilidade sostible e intelixente, Cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de aquí ao 2030 e Intensificar a ambición climática de Europa para o 2030: camiño á COP26.
Das 22 emendas presentadas por Galicia, varias ían destinadas a estas cuestións, co obxectivo de, por unha banda, garantir o acceso das rexións aos fondos europeos para a transición en materia de mobilidade e de mostrar o seu respaldo ao autobús como transporte enerxéticamente eficiente; e, por outra banda, pedir unha maior implicación dos entes rexionais sobre as cuestións climática e enerxética e na identificación das áreas de actuación para dar cumprimento aos ODS. Neste sentido, a comunidade galega fixo especial fincapé na especial contribución que os sectores agrícola, forestal e da construción poden facer para mitigar o cambio climático.
Ademais, en relación ao ditame Plan de acción para a economía social, Galicia avogou pola necesidade de ter en conta a perspectiva de xénero nas medidas propostas, nos mecanismos de seguimento previstos, nas posibilidades de acceso ao financiamento e na garantía dunha composición equilibrada por razón de xénero nos órganos de goberno das empresas dedicadas a esta materia.
Outros debates que tiveron lugar, neste primeiro pleno en formato semipresencial dende que comezou a pandemia, contaron coa participación de varios vicepresidentes da Comisión Europea, como o debate sobre o programa de traballo da Comisión para 2022 co vicepresidente responsable de Relacións Interinstitucionais e Prospectiva, Maro efčovič; ou o debate sobre o Plan de acción para a democracia europea coa vicepresidenta responsable de Valores y Transparencia, Věra Jourová.
O Comité Europeo das Rexións
O Comité Europeo das Rexións é a asemblea consultiva na que están representados os entes locais e rexionais da Unión Europea. En representación da Comunidade Autónoma de Galicia, o membro titular é o presidente da Xunta de Galicia, mentres que o cargo de membro suplente recae no director xeral de Relacións Exteriores e coa UE. A Fundación Galicia Europa presta apoio á participación galega nesta asemblea.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.