
Na Cidade da Cultura de Galicia celebrouse nestas festas unha programación especÃfica de carácter familiar e continuouse coa exposición Galicia, un relato no mundo, que desde a súa apertura, o pasado 14 de novembro, espertou o interese de máis de 25.000 persoas -máis de 13.000 neste Nadal- e rexistrou xa desde a súa apertura a inscrición de 3000 escolares para asistir ás visitas pedagóxicas, abertas a centros educativos durante as mañás lectivas.
Deste xeito, Galicia, un relato no mundo está a ser a exposición do Museo Gaiás que maior interese está a espertar, ata o momento, tal e como demostran as cifras récord que está a rexistrar nun só dÃa. Nestas festas e, en concreto, na fin de semana do 28 e 29 de decembro, alcanzáronse máis de 2600 visitantes en cada unha destas dúas datas.
'Nadal no Gaiás’
A programación familiar de Nadal no Gaiás estivo aberta ao público desde o 14 de decembro de 2019 ata o 5 de xaneiro de 2020 e conseguiu a participación de máis de 11.100 persoas, o que supón case o dobre da cifra de 6.700 rexistrada nas actividades do pasado ano.
As actividades tiveron como protagonista unha cidade máxica e de conto, creada con máis de 50.000 globos cento por cento natural e biodegradables. Presidiu esta urbe máxica unha árbore xigante para adornar entre todas as familias e estivo dinamizada todas as tardes con obradoiros plástico-creativos dirixidos á cativada, de balde e sen necesidade de inscrición previa.
O complexo arquitectónico do Gaiás e as súas zonas verdes tamén se tinguiron do espÃrito de Nadal. AsÃ, os edificios, as rúas exteriores e os espazos naturais da Cidade da Cultura estiveron engalanadas de pequenas luces en forma de planetas e recreando as constelacións do firmamento. Sumóuselle ademais unha árbore lumÃnica erixida no cumio do Monte Gaiás, visible desde o centro de Compostela.
A programación completouse con dous espectáculos familiares que esgotaron todas as súas prazas: o musical circense Orquestra de Malabares –que irmandou a escola Pistacatro coa Banda Unión Musical de Meaño– e gran gala de maxia Galicia Magic Fest, na que o galego Pedro Volta subiu ao escenario do Museo Centro Gaiás a sete magos internacionais, entre os que se encontraba un gran premio mundial como é Norbert Ferré.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.