Notas de prensa

Máis de 60 carteis de 17 países presentáronse ao concurso de Cartelismo Terras Gauda

O concurso levado a cabo no marco da Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda - Francisco Mantecón para deseñar a imaxe das Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño que impulsan a Xunta de Galicia e as Rutas do Viño xa ten gañadores.Jesús Barbeito e Ãlvaro Ortiz son os vencedores entre un total de 61 propostas de 36 deseñadores de 17 países tan diversos como Indonesia, Estados Unidos, Francia, Brasil, Bulgaria, Polonia e Rusia, así como de diferentes puntos de España.

Así, a imaxe das vindeiras xornadas, as novenas, é obra de Jesús Barbeito Rivas (Madrid) e a da edición do ano 2021, as décimas, corresponde a Ãlvaro Ismael Ortiz Albero, de Zaragoza.

O concurso é froito da colaboración entre Bodegas Terras Gauda e a Consellería de Cultura e Turismo para deseñar a imaxe publicitaria da iniciativa desenvolvida por Turismo de Galicia en colaboración coas Asociacións das Rutas dos Viños galegas: Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras. O obxectivo é contribuír ao desenvolvemento turístico das cinco zonas vitivinícolas galegas.

O certame estaba dirixido aos finalistas e premiados da Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda - Concurso Francisco Mantecón, que no 2019 alcanzou a súa 14º edición, erixido como o certame de deseño gráfico máis relevante convocado por unha entidade privada a nivel internacional. Desde o 2001, participaron máis de 18.000 carteis chegados desde 100 países de todo o mundo.

O xurado do concurso, presidido pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, estivo formado polo deseñador gráfico Javier Jaén; Diego Areso, director de Arte de El País, e Santiago Bacariza, xefe da Ãrea de Produto de Turismo de Galicia.

Terras Gauda, 2020-01-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES