Notas de prensa

Unha mostra fotográfica lembra en Santiago aos escolares galegos da posguerra

'Vendo. Compro. Cambio' era a mensaxe coa que o neno Francisco Latorre Eced anunciaba un posto de compra-venda de cómics co que axudar á subsistencia da súa familia, represaliada nos anos da posguerra e refuxiada na cidade de orixe da súa nai, Huesca. Hoxe a mensaxe recupera actualidade como lema dunha exposición homónima da man da artista María X. Fernández que abriu as súas portas este luns 20 na Igrexa da Universidade.

A inauguración oficial da exposición estivo presidida pola vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo, e contou coa presenza da artista María X. Fernández, nun acto que tivo lugar na Igrexa da Universidade e no que tamén tomou parte a concelleira responsable de Educación, Mocidade, Igualdade e Políticas Lingüísticas do Concello de Santiago, Noa Díaz Varela. Esta mostra permanecerá aberta ao público ata o 14 de febreiro de luns a mércores en horario de 17.00 a 20.30 horas e os xoves e venres de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas.

Esta exposición é afluente do proxecto ‘Río’ que se desenvolve a partir dunha colección de fotografías de fichas de escolares galegos da posguerra e que se iniciou no Vello Cárcere de Lugo para continuar no Pazo Torrado de Cambados e diferentes partes mostráronse no Museu dos Terceiros en Portugal e en IO Deposito en Italia. En ‘Río’ abórdanse dende unha perspectiva artística as consecuencias da Guerra Civil na xeración que medrou á súa sombra. Nela analízanse, coa colaboración dunha psicóloga, as expresións dos rostros para tentar indagar na situación emocional que xeraron a Guerra Civil e a ditadura; induce reflexións referentes a que é e como se constrúe unha persoa, que aparecen e se reflexan como nun calidoscopio.

Catro instalacións son as claves desta mostra: Orixe, Río, Eixo cartesiano e Unus mundus. Nas primeiras clasifícanse as expresións dos diferentes rostros, aplicándolle os valores emocionais da cor ou ordenados nun eixo cartesiano, mentres que Unus Mundus é unha homenaxe póstuma ao neno que deu título á mostra, Francisco Latorre Eced.

Universidade de Santiago de Compostela, 2020-01-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES