
Tamén interviñeron Stefania Giannini, subdirectora xeral de Educación da UNESCO (quen desenvolveu a súa participación en liña); Miguel A. Santos Rego, presidente do Comité Organizador do Congreso; e Gonzalo Jover Olmeda, presidente da Sociedade Española de Pedagoxía. O foro estenderase ata o 9 de xullo.
O feito de que Compostela acolla este Congreso ten que ver co magnífico traballo que desenvolve o noso profesorado nas Facultades de Ciencias da Educación e de Formación do Profesorado, sinalou Antonio López para despois reivindicar o valor dos servizos públicos, entre eles, a educación, peza clave para saír da situación na que nos atopamos. A educación é a pedra fundamental que fai que avancemos na protección do planeta, na prosperidade das persoas, na igualdade e na integración, engadiu.
A relevancia do Congreso baséase en potenciar liñas de indagación sobre amplas temáticas no universo educativo como a educación ante o desafío da diversidade e a inclusión social; a innovación e o cambio educativo; o liderado, calidade e educación en rede; a orientación educativa nun mundo conectado; a avaliación como leito de optimización educativa na sociedade do benestar; e/ou, de maneira xeral, a educación, o desenvolvemento persoal e os procesos de aprendizaxe.
A través do encontro científico deslízanse enfoques e modelos diverxentes, dando lugar a un debate académico entre investigadores e profesionais pertencentes a un amplo conxunto de países no ámbito da educación. Neste sentido, o Congreso aborda temáticas de especial actualidade e que teñen cada vez un maior auxe como é a necesidade dunha maior e óptima conectividade tanto a nivel tecnolóxico como social, continúan dende o comité organizador. Non podemos esquecer a crise pandémica derivada da COVID-19 que deixou patente as posibilidades e, á súa vez, limitacións do uso das tecnoloxías nos procesos de ensino e aprendizaxe, engaden.
Máis de 700 inscritos/as
Esta é a segunda vez que Compostela acolle este encontro que xa tivo lugar no ano 1984. Nesta ocasión, inscribíronse ao redor de 750 persoas procedentes de Portugal, Brasil, México, Arxentina, Chile, Ecuador, Paraguai, Uruguai, Suíza, Italia, ou Bolivia, entre outros. Ademais, o evento conflúe coa celebración da World Education Research Association (WERA) Focal Meeting, con 700 persoas rexistradas, na que se busca presentar investigacións comparativas, transculturais, internacionais ou transnacionais na súa conceptualización, alcance ou deseño.
O Congreso achega evidencias significativas ao redor da folla de ruta que segue a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS-3) e que, por tanto, permite continuar expandindo o coñecemento como leito de mellora e innovación social, explican dende a organización. O Encontro implica un revulsivo para traballar cara a unha maior cohesión e progreso conxunto na consecución dos desafíos que a educación ten por diante nos próximos anos. A meta é alcanzar unha Iberoamérica conectada, orgullosa da súa plural identidade e disposta a facer da educación unha sólida garantía de futuro, conclúen.
Libro de resumos
O libro de resumos deste foro acaba de ser editado polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC baixo o título La educación en Red: realidades diversas, horizontes comunes. Coordinado por Mar Lorenzo Moledo, Anaïs Quiroga-Carrillo, e Miguel A. Santos Rego, esta publicación reúne os resumos dos máis de 600 traballos enviados ao evento, organizados en liñas temáticas e segundo o tipo de contribución (simposios, comunicacións e pósteres).
O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición en Santiago de Compostela, cunha programación que volve situar a cidade como punto de encontro de culturas, linguas e diferentes expresións musicais. A cita reunirá artistas de máis de 16 países e con representación de 12 linguas. A programación desta sétima edición estará formada por máis de 30 espectáculos, catro producións propias, oito propostas inéditas en Galicia e unha estrea absoluta. Entre os principais nomes do cartel atópanse Aterciopelados, Bia Ferreira, Omar Souleyman, Haydée Milanés & Javier Colina, Ala.ni, António Zambujo, Magalí Sare & Vox Stellae e Marcos Coll.
Foi prsentada a Visión Estratéxica 2026-2028 da Asociación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión GaliciaNorte de Portugal. A visión estratéxica ofrece un novo marco de actuación co que se pretende reforzar o papel da cooperación transfronteiriza e consolidar a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como un espazo común de oportunidades, coñecemento, innovación, competitividade e desenvolvemento. Ademais, estrutura a intervención da AECT en cinco grandes áreas -cultura, turismo, xuventude e emprego transfronteirizo e investigación e competitividade-, consolidando proxectos cun impacto recoñecido e abrindo novas frontes de cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal.