Notas de prensa

A Mesa e o grupo de lingua do estudantado de Medicina presentan a campaña 'Falar galego é saudábel'

A Mesa pola Normalización Lingüística e o Grupo de Normalización do estudantado de Medicina presentáronlle a campaña Falar galego é saudábel ao Presidente do Parlamento, Miguel Santalices, como representante da primeira institución de Galiza, médico de profesión e persoa comprometida coa saúde en galego. A campaña Falar galego é saudábel xurde co obxectivo de que a lingua galega se desenvolva con normalidade como lingua de relación entre persoal e doentes.

Durante o encontro, Marcos Maceira e Celia Armas, da Mesa; Francisco Pérez e Sarela Betanzos, do Grupo de Normlización Lingüística do Estudantado de Medicina; e Henrique Villena, médico no Hospital Clínico Universitario de Santiago fixéronlle entrega a Miguel Santalices dunha copia dunha fotografía inédita da pomoción de Medicina do curso 1909, da que formou parte Castelao, e que, como recordou o presidente da Mesa, Marcos Maceira, "enfrontou a epidemia de influenza de 1918 co galego como lingua de relación entre profisionais e doentes". Maceira ligou ese compromiso coa lingua e a saúde coas promocións actuais que impulsan a lingua nas aulas e nos centros de traballo.

As entidades incidiron no uso do galego entre persoal sanitario e doentes como boa práctica que evita erros de comprensión e favorece a precisión: "O que é bo para as e os doentes é bo para o persoal sanitario", recordou Sarela Betanzos. Mentres que o seu compañeiro Francisco Pérez recordou que o obxectivo do seu grupo é "normalizar o uso do galego tanto nas aulas como nas consultas". A campaña Falar galego é saudábel xurde co obxectivo de que a lingua galega se desenvolva con normalidade como lingua de relación entre persoal e doentes, nun contexto no que -segundo o último estudo IGE- o 41% das persoas que falan só en galego ou máis galego que castelán mudan ao castelán ao se dirixiren a médicas e médicos; e no que, segundo ten documentado amplamente a Mesa, existen casos de discriminación lingüística que fortalecen o prexuizo de que o correcto é deixar de falar galego ao se dirixir ao persoal médico. "Esta campaña", afirmou Maceira, "vai ser unha maneira de demostrar pola vía dos feitos que lingua e a saúde pública son dous elementos de cohesión social". "Fronte a prexuizos e malas prácticas", asegurou Maceira, "a lingua galega únenos a persoal sanitario e a doentes, da mesma maneira que a necesidade de termos un servizo público de calidade".

"Queremos enfrontar esta realidade directamente desde a lingua das usuarias e a vontade maioritaria favorábel ao galego das e dos profesionais da saúde", concluiu Maceira, "porque unha lingua normal é a que se pode usar con reciprocidade en todas as situacións da vida, sexa quen for a persoa interlocutora, tamén no ámbito sanitario, un ámbito no que ademais a empatía e boa comunicación entre as partes é absolutamente imprescindíbel para obtermos os mellores resultados". Para reforzar esta mensaxe, repartiranse cartaces informativos polos centros de saúde e hospitais públicos, así como unha chapa que se distribuirá entre persoal e persoas usuarias co slogan Fálame galego, é saudábel.

A Mesa pola Normalización Lingüística

É unha entidade social independente, constituída en 1986 e da que forman parte arredor de 5000 socias e socios e que ten como obxectivo a normalidade plena da lingua galega. Neste sentido, a defensa do dereito ao emprego do galego en Galiza en todas as situacións e contextos é unha das súas principais liñas de actuación. Entendemos que o dereito ao uso da lingua propia non se pode desligar dos máis elementais dereitos humanos, civís e democráticos.

A Mesa pola Normalización Lingüística, 2020-02-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES