Notas de prensa

A diversidade será o tema principal do Día Mundial da Radio que as escolas celebran con Ponte...nas Ondas!

Colexios galegos e portugueses levan días traballando nas súas emisoras escolares cara ao evento que se celebrará este xoves onde, como cada ano, vaise conmemorar o Día Mundial da Radio. 'Ponte...nas Ondas!' convidou ás escolas a sumárense á celebración baixo a temática proposta pola UNESCO en 2020, que é a DIVERSIDADE en todas as súas manifestacións: diversidade cultural, de xénero, de idades, de nacionalidades, etc.

Ponte…nas ondas!, como experiencia de radio interescolar multimedia, proponlles ás escolas que expresen a súa diversidade empregando todas as posibilidades que ofrece a radio en todos os seus xéneros xornalísticos ( entrevistas, reportaxes, opinións, etc. ), formatos ( audios, podcasts, vídeos, etc. ) e transmisións ( FM, radio online, redes sociais). O portal "Escolas nas ondas" transmitirá o 13 de febreiro as producións realizadas polas escolas participantes.

Ãs portas da celebración do 25 Aniversario de PonteÂ…nas Ondas!

Recordamos que para conmemorar os 25 anos da Asociación, Ponte...nas Ondas! convida ás emisoras de radio e ás escolas da Eurorrexión a participaren no maratón radiofónico que terá lugar o vindeiro 27 de marzo. O evento principal deste 25 aniversario da innovadora experiencia de radio interescolar e patrimonio inmaterial vaise transmitir en directo a través do portal Escolas nas Ondas e desde as emisoras de radio participantes.

Na xornada está xa confirmada a participación de emisoras de Vigo (desde o campus da Universidade de Vigo), Santiago de Compostela (desde a Facultade de Ciencias da Comunicación) ou Braga (desde a Rádio Universitária do Minho). Numerosas escolas confirmaron tamén a súa participación desde emisoras municipais en vilas como Allariz ou Burela, entre outras. Tamén no Norte de Portugal, desde Chaves a Caminha, son numerosas as emisoras que se van sumar a este evento festivo nas ondas.

Ao longo de 2020 Ponte...nas Ondas! realizará outras actividades, como é unha nova edición do certame de recolla “As imaxes do Patrimonio”, convocatoria xa aberta ás escolas deica o mes de xuño. Ademais, en maio realizarse unha xornada galego-portuguesa de xogos tradicionais.

Cara ao final deste ano de aniversario da pioneira ponte interescolar transfronteiriza, a asociación celebrará o Día Internacional do Patrimonio, con diversas actividades co patrimonio inmaterial galego-portugués como eixo central. Ademais, durante todo o ano, os centros educativos acollen obradoiros de radio organizados por PNO.

Ponte...nas Ondas!, 2020-02-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES