
Así pois, as taxas universitarias mantéñense invariables con respecto ao presente curso, cun prezo promedio de 11,89 /crédito para todas as primeiras matrículas de grao e de máster non habilitantes (enfocados á especialización de coñecemento ou á investigación científica) e habilitantes (necesarios para exercer unha profesión).
Deste xeito, Galicia é a única comunidade autónoma no que un estudante universitario vai seguir pagando pola súa matrícula exactamente o mesmo que hai 11 anos; e sitúase, de novo, entre as comunidades autónomas coas taxas máis baratas do Estado para cursar estudos de grao e máster universitario.
Esta medida supón aforro de preto de 19 millóns de euros en matrículas para as familias galegas con estudantes universitarios, que se reparten en contías que van de entre os 266,40 /curso para un estudante de grao, os 618,60 /curso para un estudante dun máster habilitante e os 1.094,40 /curso no resto de máster universitarios.
Ademais Galicia é un referente estatal en canto á contención dos prezos públicos universitarios, cun modelo que o Ministerio de Universidades quere exportar ao conxunto do Estado tal como se acordou na última reunión da Conferencia General de Política Universitaria.
Matrículas de grao
No caso das matrículas de grao o prezo medio manterase por décimo primeiro ano consecutivo en 11,89 /crédito, o que supón un aforro de 4,44 euros con respecto aos 16,33 /crédito de media de España.
As de grao acaparan o 89,19% do total de matrículas do Sistema Universitario Galego, polo que con esta conxelación de taxas, un estudante galego de grao pode aforrar, con respecto á media de España, un total de 266,40 euros ao curso en matrículas.
Matrículas de máster
No que atinxe aos máster, de cara ao vindeiro curso tamén se manterán conxeladas as taxas dos máster habilitantes e non habilitantes, tamén cun prezo medio de 11.89/crédito.
No caso dos máster habilitantes (necesarios para exercer unha profesión), a taxa media de matrícula mantense nos 11,89 /crédito (igual que os estudos de grao), cun aforro de 10,31 con respecto ao prezo medio do Estado, que se sitúa nos 22,20 /crédito. Isto fai que as familias galegas cuxos fillos cursen o vindeiro ano un máster habilitante nalgunha das universidades galegas aforren unha media de 618,60 euros por curso en comparación coa media de España. As matrículas nesta modalidade representan o 3,79% do conxunto do sistema.
No caso dos máster non habilitantes o prezo promedio de Galicia tamén é de 11,89/crédito, polo que o aforro medio para o vindeiro ano para un estudante galego será de 18,24/crédito con respecto á media estatal (situada en 30,13/crédito), o que sumará un aforro por alumno de 1.094,40/ano. O alumnado que cursa este tipo de máster non habilitantes representa o 7,02% do sistema.
O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición en Santiago de Compostela, cunha programación que volve situar a cidade como punto de encontro de culturas, linguas e diferentes expresións musicais. A cita reunirá artistas de máis de 16 países e con representación de 12 linguas. A programación desta sétima edición estará formada por máis de 30 espectáculos, catro producións propias, oito propostas inéditas en Galicia e unha estrea absoluta. Entre os principais nomes do cartel atópanse Aterciopelados, Bia Ferreira, Omar Souleyman, Haydée Milanés & Javier Colina, Ala.ni, António Zambujo, Magalí Sare & Vox Stellae e Marcos Coll.
Foi prsentada a Visión Estratéxica 2026-2028 da Asociación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión GaliciaNorte de Portugal. A visión estratéxica ofrece un novo marco de actuación co que se pretende reforzar o papel da cooperación transfronteiriza e consolidar a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como un espazo común de oportunidades, coñecemento, innovación, competitividade e desenvolvemento. Ademais, estrutura a intervención da AECT en cinco grandes áreas -cultura, turismo, xuventude e emprego transfronteirizo e investigación e competitividade-, consolidando proxectos cun impacto recoñecido e abrindo novas frontes de cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal.