
O xurado da edición número 14 do Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades acordou por unanimidade concederlles o premio a MarÃa Antonia Rilo Veiga e á Rede Galega contra a Trata.
MarÃa Antonia Rilo foi proposta pola Federación de Asociacións Veciñais Limiar polo seu relevante traballo desde a esfera pública e privada na defensa dos dereitos das mulleres e a loita pola igualdade de xénero, sendo impulsora do primeiro Plan de Igualdade e da Comisión de Seguimento da Violencia de Xénero. A Rede Galega contra a Trata foi proposta pola ConcellerÃa de Igualdade por ser un instrumento de intervención e coordinación entre as asociacións e persoas integrantes da rede, a sensibilización dos axentes sociais implicados nesta problemática, asà como por ser unha plataforma asemeblearia de denuncia e incidencia polÃtica na loita contra a trata de persoas, principalmente con fins sexuais e laborais e maioritariamente mulleres, nenas e nenos.
O xurado, que se reuniu hoxe nas dependencias da ConcellarÃa de Igualdade, para examinar as propostas presentadas e os méritos aducidos das persoas e institucións merecedoras do premio, estivo formado por:
- Eugenia DÃaz Abella, concelleira de Igualdade.
- Mª Elena De Jesús RodrÃguez, directora do Centro de Información Municipal ás Mulleres, CIMM
- MarÃa Cabanelas, en representación do Consello Municipal da Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes
- Nora Sola, en representación do ámbito sociocultural
- Ramón Salvador Ãlvarez, en representación da Comisión de Investigación e Seguemento da violencia exercida contra as mulleres
- Mª Jesús Vázquez Fernández, xefa de negociado da ConcellarÃa de Igualdade, que actuou como secretaria.
O Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades é unha iniciativa da que convoca a ConcellerÃa de Igualdade co obxectivo de poñer en valor o traballo que diversos colectivos, organismos e persoas, preferentemente do noso municipio, levan a cabo de maneira exemplar e concienciada no ámbito da promoción da igualdade de xénero.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.