Notas de prensa

Entregados os Premios Emprendedor XXI a novos empresarios

à edición dos premios deste ano concorreron 42 empresas galegas, das que foron seleccionadas cinco finalistas centradas en actividades TIC, a xestión financeira, a seguridade viaria e o desenvolvemento de sistemas de monitorización e optimización de procesos produtivos. Ademais da iniciativa gañadora do galardón, Alen Space, dedicada ao deseño e fabricación de satélites espaciais, as empresas que chegaron á fase final, son: Opseeker, Coinscrap Finance, Netum Solutions e Data Monitoring.



O director do Igape, Juan Cividanes, asistiu hoxe á entrega dos Premios Emprendedor XXI de Galicia, impulsados por CaixaBank e Enisa coa colaboración da Consellería de Economía Emprego e Industria, celebrada no marco do DayOne Innovation Summit que ten lugar hoxe na Cidade da Cultura. Na súa intervención, na que felicitou á empresa gañadora, Alen Space, salientou que o esforzo dos emprendedores galegos contribúe de forma destacada a afianzar a Industria 4.0 e a mellorar a competitividade do tecido produtivo galego.

Cividanes sinalou que os proxectos premiados constatan o dinamismo do ecosistema emprendedor galego e animou a continuar o traballo conxunto de iniciativas como esta, na que Administracións e axentes socioeconómicos colaboran para fomentar o talento e a vocación empresarial, premian a formación e o labor ben feito e impulsan ademais a posta en marcha e consolidación de novas empresas que centran as súas actividades na industria intelixente e na innovación.

à edición dos premios deste ano concorreron 42 empresas galegas, das que foron seleccionadas cinco finalistas centradas en actividades TIC, a xestión financeira, a seguridade viaria e o desenvolvemento de sistemas de monitorización e optimización de procesos produtivos. Ademais da iniciativa gañadora do galardón, Alen Space, dedicada ao deseño e fabricación de satélites espaciais, as empresas que chegaron á fase final, son: Opseeker, Coinscrap Finance, Netum Solutions e Data Monitoring.

No marco do DayOne Innovation Summit no que se celebrou a entrega de premios, os asistentes puideron tamén coñecer os casos de éxito xurdidos do programa Business Factory Aereo, e participar nos espazos de networking, relatorios e mesas redondas. A xornada centrou a súa temática no concepto de mobilidade e os retos e desafíos que afrontan as cidades para mellorar a súa habitabilidade e eficiencia ambiental, así como as solucións que achegan a tecnoloxía, a innovación e o emprendemento.

Premios Emprendedor XXI, 2020-02-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES