Notas de prensa

Aberta a convocatoria do III Premio de Investigación sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións

O Premio de Investigación sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións ten por obxecto recoñecer a investigadores nacionais ou estranxeiros que teñan publicado durante 2019 un traballo en formato libro, ou defendido unha tese de doutoramento, que tivera como tema de estudo o Camiño de Santiago ou as Peregrinacións. O galardón que chega xa á súa terceira edición, impulsado pola Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da USC.

Este galardón consta dun único premio en metálico de 1.000 euros para libros publicados con ISBN e teses de doutoramento inéditas, que irá acompañado dun diploma acreditativo.

Os traballos poderán presentarse en calquera idioma, pero de vir noutro diferente ás linguas oficiais da USC, deberán estar acompañados dun resumo de 5.000 palabras en castelán ou inglés. No caso de que o xurado considere que ningún dos traballos presentados acada un nivel axeitado, poderase declarar o premio deserto. O importe do premio repartirase en partes iguais no caso de resultar gañadoras varias persoas. Nesta ligazón pode accederse ao texto completo da convocatoria.

O xurado valorará a orixinalidade do traballo cun 25% da puntuación, as novidades das súas aportacións ao coñecemento dos temas estudados contará un 25%, a actualidade e calidade da súa metodoloxía valerá un 25%; a bibliografía citada, un 10%; e os trazos formais dos textos como a calidade da redacción ou o xeito de presentar e estruturar a información valerán un 15%. O prazo de presentación pecharase sesenta días naturais despois da publicación da convocatoria no taboleiro electrónico da USC.

Premio a TFG e TFM

Asemade, acaba de abrirse o prazo para concorrer ao III Premio a Traballos Fin de Grao (TFG) e Traballos Fin de Máster (TFM) sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións. Poderá presentarse a estes premios o estudantado nacional ou estranxeiro que teña defendido durante o curso académico 2019-2020, un TFG ou un TFM que tivera como tema de estudo o Camiño de Santiago e as Peregrinacións. Outorgarase un único premio en metálico de 500 € para o traballo premiado, acompañado do correspondente diploma acreditativo.

Universidade de Santiago de Compostela, 2020-02-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES