//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
Tivo lugar en Santiago de Compostela a entrega dos Premios Excelencia Académica a 434 estudantes universitarios galegos. O obxectivo destes premios é recoñecer o traballo do estudantado coas mellores cualificacións en cada un dos cursos de grao oficial no Sistema Universitario de Galicia (SUG). No cómputo total de persoas galardoadas, que supera en 24 estudantes o da anualidade anterior, o 63,5% son mulleres e o 36,5% homes. Por rama de coñecemento, o 43% son estudantes de Ciencias Sociais, o 17% de Enxeñaría e Arquitectura, o 14% de Ciencias da Saúde, o 14% de Artes e Humanidades e o 12% de Ciencias. De entre as persoas premiadas, 172 proceden da USC, 123 da UDC e 139 da UVigo.
Santiago de Compostela foi o punto de partida dos percorridos das catro foodtrucks, unhas rutas que coinciden con outros tantos Camiños de Santiago e nas que visitarán distintas localidades galegas para despois poñer rumbo a outras comunidades. Os seus destinos finais serán Irún, Pamplona, Sevilla e Valencia. Os catro vehículos percorrerán case 6.400 quilómetros deses máis de 250 municipios que suman arredor de 13 millóns de habitantes.
Foi clausurado o programa de dinamización lingüística '21 días co galego e +', que nesta quinta edición implicou 12 centros educativos, case 400 docentes, 88 membros do persoal de administración e servizos e 4.078 estudantes de 10 a 18 anos xunto coas súas respectivas familias. Esta quinta edición foi a máis numerosa das realizadas ata o de agora, pois alcanzou un 20% máis de participación ca a anterior, o cal revela nun aumento do interese por parte dos centros e do seu profesorado nesta iniciativa que promove o uso da lingua galega entre as xeracións máis novas, levando o galego a fogares onde non adoitaba usarse e apoiando o alumnado que xa era galegofalante.
O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, reuniuse hoxe por videoconferencia con responsables dos distritos forestais portugueses da zona fronteiriza con Galicia. Na xuntanza participou tamén, por parte galega, o xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo. Do lado luso, estiveron Joao Noel Alfonso e Marco Domíngues, comandantes operacionais distritais da área da fronteira coa nosa comunidade. O encontro serviu para avanzar na mellora da colaboración e a coordinación ao longo de todo o ano entre os responsables dos operativos galego e portugués de loita contra o lume, máis alá da época de alto risco de incendios.
O derradeiro barómetro sanitario do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) reflicte que Galicia se sitúa como a segunda comunidade na que maior porcentaxe de poboación elixiría á sanidade pública, para ter unha consulta co médico de cabeceira ou pediatría, cun 76,5% fronte o 68,6% media nacional. Do mesmo xeito, Galicia ocupa a segunda posición a nivel nacional, na porcentaxe da cidadanía elixiría a sanidade pública para un ingreso hospitalario (84,2% fronte ao 75,2% de media nacional).
Galicia avanza na loita contra o cambio climático con 41 entidades adheridas xa á Alianza polo Clima e como membro activo da Misión de Adaptación da Unión Europea. Á Alianza Galega polo Clima xa se uniron universidades, autoridades portuarias, clubes deportivos, empresas e outras entidades, o que pon á nosa comunidade na vangarda fronte ao quecemento global e as súas consecuencias. Esta Alianza supón asumir as liñas estratéxicas marcadas polo Goberno galego nesta materia e unha serie de deberes como establecer accións dirixidas á adaptación ou mitigación do cambio climático en Galicia.
'Queremos seguir avanzando na creación dunha rede única que vinculará aos diferentes servizos de Oncoloxía Radioterápica de Galicia, o que, sen dúbida, redundará en beneficio de todos os pacientes galegos'. Así o destacou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no Hospital Meixoeiro, nunha Xornada de transferencia de coñecemento interno: Rede de radioterapia do Sergas, acto no que estivo acompañado polo xerente da área sanitaria, Javier Puente.
Galicia participou esta semana na Launch of Community of Practice: Charter signatories, projects and Mission Board members, unha xornada de intercambio de experiencias celebrada en Bruxelas no marco da Misión de Adaptación ao Cambio Climático da Unión Europea. Neste encontro, a delegación galega compartiu proxectos e experiencias innovadoras con representantes de diferentes rexións europeas no obxectivo común de avanzar cara a resiliencia climática para 2030 e impulsar os esforzos de adaptación a través da participación da cidadanía no proceso de toma de decisións e do estímulo de investimentos públicos e privados.
O sistema educativo galego mantense entre as cinco Comunidades Autónomas onde o alumnado menos abandona os estudos sen un título na man. Segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa, a media do abandono educativo temperá en Galicia no ano 2022 foi do 9,9%. Isto supón que só tres CCAA teñen un dato mellor, en concreto País Vasco, Navarra e Cantabria. Castela e León, queda á par de Galicia cun 9,9%. Cómpre salientar que só estas Comunidades cumprimos o obxectivo que a Unión Europea marcou como meta para o ano 2020 (9,9%). Os datos reflicten unha subida xeneralizada, tras o acusado descenso do ano pasado pola influencia da pandemia, ocasión na que o noso ensino rexistrou un mínimo histórico do 8,1%.
Galicia é a comunidade autónoma que máis incrementou a súa oferta de formación MIR na convocatoria deste ano, cun total de 620 prazas, que supoñen un incremento dun 14%, fronte ao 4% de media do resto das comunidades. Así o expuxo o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha comparecencia no Pazo do Hórreo para dar resposta a unha pregunta sobre a cobertura de prazas. O conselleiro aproveitou para lembrar que a oferta das 620 prazas MIR da nosa comunidade para esta convocatoria 'representa un 72% máis das que se convocaban no ano 2009'.
O Festival Noroeste Estrella Galicia pecha unha 35ª edición de impacto. A programación do festival contou desde o mércores 10 de agosto ata o domingo 14 de agosto con 51 concertos que encheron durante cinco días de estilos musicais diversos ata 10 enclaves diferentes repartidos pola cidade da Coruña. Unha edición histórica, pola que pasaron en total máis de 187.000 persoas.
O programa 'A Vía Láctea e outros motivos xacobeos do Camiño' percorrerá Galicia para dar a coñecer a riqueza patrimonial do Camiño de Santiago canda os fenómenos e obxectos astronómicos que podemos avistar ao percorrelo. A coñecida relación entre a ruta peregrina e a Vía Láctea serve de estímulo a una proposta divulgativa a cabalo entre a astronomía e a arte que se espallará por toda a comunidade.
Remata un dos meses de xullo máis quentes que se lembran en Compostela, segundo os datos rexistrados no Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC. Con todo, non houbo récord na temperatura máxima pero si na mínima nun mes de xullo, e tamén na media das temperaturas máximas. Polo que atinxe ás horas de sol e á seca, 'houbo xullos máis extremos', sinala o director do Observatorio, José Ángel Docobo.
Ata o vindeiro venres máis de 200 científicos e científicas, fabricantes e persoas usuarias de todo o mundo daranse cita na Escola de Enxeñaría Industrial da UVigo e tamén en formato en liña para abordar o desenvolvemento recente, os problemas e as solucións nas áreas da enerxía renovable e da calidade de enerxía.
Un innovador curso e taller de verán, titulado 'Moving Boundaries: Human Sciences and the Future of Architecture, comeza no CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea en Santiago de Compostela ata o día 28 e do 29 de xullo ao 4 de agosto trasladarase á Casa dá Arquitectura en Matosinhos, preto do Porto (Portugal).
No ano 2003 vía a luz o primeiro volume da Revista de Investigación en Educación, unha publicación científica impulsada pola Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte co obxectivo de dar visibilidade ás investigacións e innovacións que, desde un enfoque interdisciplinar, puñan o foco no ensino e aprendizaxe nos diferentes niveis educativos.
A USC impulsa o maior proxecto europeo de educación sobre incendios forestais no vello continente, unha iniciativa de Aprendizaxe e Servizo incluída no programa Erasmus+ Strategic Partnership que pretende reforzar as capacidades formativas do personal docente e de diversos axentes sociais sobre cuestións ligadas coa problemática dos incendios forestais, a súa prevención, control e restauración de solos.
A cidade belga de Liège acolleu onte a gala final do AI Song Contest 2022, a Eurovisión das cancións escritas por intelixenxia artificial. A candidatura galega AI-LALELO do equipo PAMP! acadou a segunda praza, logrando a mellor puntuación do televoto entre as cancións finalistas. O equipo logra así o mellor resultado xamais obtido por un equipo galego ou unha candidatura española.
Preto da metade da pescada que captura a frota española ten que percorrer unha media de 12.000 km ata chegar a España. Isto débese a que só o 8% da pescada consumida en territorio español procede de zonas nacionais de pesca. Por primeira vez, un estudo da USC reconstrúe a pegada de carbono que xera a cadea agroalimentaria da pescada e evidencia que as emisións de gases de efecto invernadoiro desta cadea alcancen as 681 quilotonealdas de CO₂e.
As imaxes que, con maior ou menor nitidez, as persoas son quen de xerar nas súas mentes inflúen en aspectos como as respostas afectivas ou o estado de ánimo. Pese a iso, apenas existen estudos que poñan en relación a viveza ou o grao de control desas imaxes mentais coa 'ansiedade ante a morte', como explica Esther López, que centrou o seu traballo nesta 'pouco investigada relación'.