
A canción galega competiu contra outros 14 temas finalistas de distintos paÃses. O tema Demons & Gods, do equipo Yaboi Hanoi (Tailandia) resultou a gañadora desta edición do certame na suma dos votos do xurado e do televoto.
O equipo tailandés foi primeiro no voto de xurado, pero sexto no televoto. Pola súa banda, o equipo de AI-LALELO logrou a primeira praza no televoto e foi a terceira mellor segundo o xurado.
Tanto a canción gañadora como a galega comparten a reivindicación das culturas minorizadas, co obxectivo de poñer a intelixencia artificial ao servizo da lingua, da cultura e da identidade propias.
“Para nós, o principal éxito foi crear unha canción en galego a través da intelixencia artificial. Chegar á final desta Eurovisión permitiunos amosar ao mundo o talento tecnolóxico e cultural galego”, explica Joel Cava, lÃder da iniciativa e responsable creativo da axencia compostelá CECUBO Group.
A gala enmarcouse no DÃa da Intelixencia Artificial e a Creación do cume tecnolóxico Wallifornia Music & Innovation. O acto celebrouse no espazo tecnolóxico e de emprendemento Le Grand Post de Liège, pero tamén se retransmitiu internacionalmente pola canle oficial do festival.
O televoto e o xurado profesional conformaron nun 50% cada un o veredicto final do certame. Concretamente, o panel de expertos formárono 30 especialistas en intelixencia artificial aplicada á música das principais universidades e centros de investigación tecnolóxica neste eido, empresas coma Google, Microsoft, Sony Music e Warner Music e anteriores participantes do festival.
Grande experiencia na final
Joel Cava, do equipo PAMP! e responsable creativo de CECUBO Group, defendeu o proxecto acompañado de Roi Pérez Vila, director de análise e intelixencia da citada axencia compostelá.
Durante a gala final, os 15 finalistas compartiron a súa experiencia e proceso creativo con entrevistas. A organización do certame amosou novas ferramentas de intelixencia artificial en composición musical. Ademais, a artista dixital alemá Portrait XO amenizou o espectáculo cunha actuación musical en directo xerada con intelixencia artificial.
“Agradecemos o grande esforzo do equipo que impulsou este proxecto tecnolóxico, asà como ás persoas que nos votaron, ás que difundiron a nosa candidatura e por suposto á organización do festival”, engade Cava.
O grupo de traballo PAMP!, en homenaxe á primeira programadora informática galega, Ana MarÃa Prieto, está formado polos profesionais Juan Alonso, SofÃa Oriana, Xandre Outeiro, David Santos, Marta Verde e Joel Cava, responsable creativo de CECUBO Group, coas voces de Camille Hédouin (Mounqup), Mónica de Nut e Eva Outeiro.
Nun proceso creativo de catro meses, o equipo galego compuxo AI-LALELO a partir da intelixencia artificial aplicada á composición da letra, harmonÃas, instrumentos e videoclip da canción. O tema pretende ser unha homenaxe ás mulleres que impulsaron Galicia e a súa tradición, lingua e cultura.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.