
O proxecto FacingFIRE, coordinado polo catedrático da USC na Escola Politécnica Superior de EnxeñarÃa do Campus Terra AgustÃn Merino GarcÃa e no que participa un consorcio integrado por centros educativos, entre os que se atopan a USC e o IES Lucus Augusti; servizos forestais, tales como a Xunta de Galicia ; propietarios forestais, como as comunidades forestais e de montes de Ourense, e centros de investigación Forestal, basea a súas actividade na aplicación da metodoloxÃa de Aprendizaxe e Servizo como estratexia educativa para formar e aumentar a capacitación dos profesionais e mellorar a formación do estudantado participante.
Este programa transnacional fixa como escenario das súas actividades os catro paÃses europeos que rexistran unha maior incidencia de lumes forestais e que corresponden con territorios do Sur de Europa, como é o caso de Italia, Grecia, España e Portugal, contempla asemade a celebración de eventos multiplicadores, como o que se vén de celebrar a semana pasada na Facultade de Agricultura da Universidade de Florencia (Italia).
O proxecto FacingFIRE, que se complementa coa iniciativa ‘Plantando cara ao lumeÂ’, unha proposta educativa e de sensibilización medioambiental que conta con financiamento da Federación Española de Ciencia e TecnoloxÃa (FECYT) e na que participan todas as comunidades autónomas de España, achega unha visión multidisciplinar respecto da problemática que constitúen os lumes forestais e tamén sobre a mitigación das súas causas e a restauración das nefastas consecuencias que ocasionan.
A dimensión multidisciplinar de FacingFIRE queda tamén acreditada polo amplo abano de participantes de diversas áreas temáticas que conflúen neste proxecto, do que son protagonistas activos varios centros da USC, tales como a Escola Politécnica Superior de EnxeñarÃa, a través da Unidade de Xestión Forestal Sostible, a Facultade de Formación do Profesorado, co mestrado en Dirección de Actividades Educativas na Natureza; os grupos de investigación Esculca e TecnoloxÃa Educativa, da Facultade de Ciencias da Educación; a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, con investigadores de EconomÃa Ecolóxica e dos Recursos Humanos; os equipos de Biodiversidade e Botánica Aplicada, de BioloxÃa, ou mesmo as facultades de Administración e Dirección de Empresas e Ciencias da Comunicación.
O labor de transferencia de coñecemento que desenvolven os distintos especialistas (técnicos, docentes, investigadores) implicados neste programa compleméntase con outras actividades xestionadas directamente polo estudantado universitario, que, no caso da USC, ocúpase da actualización e mantemento da versión en castelán das contas de Instagram de FacingFIRE e de ‘Plantando cara ao lume’. Estas redes sociais serven de repositorios de información sobre lumes de forestais, ao tempo que actúan como plataformas para lanzar mensaxes de prevención e alertas, especialmente durante aqueles meses con maior incidencia de episodios incendiarios.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.