Na súa última xornada, o público asistente, máis de 9.000 persoas, puido desfrutar das actuacións de artistas como Miguel Costas, que foi todo un éxito enriba do escenario do Campo da Leña, no que tamén actuou Biznaga, que gozaron dunha gran acollida neste recinto.
O público da Praza Azcárraga, puido asistir ás actuacións de Viruxe e El Combo Batanga, que sacudiu ao público cos seus ritmos latinos. Ademais, a música en movemento non faltou xunto a Brassica Rapa no seu pasacalles.
Nesta quinta e última xornada do festival, Cormelana Sellier acolleu a Teresa Ferreiro e á súa paixón pola investigación musical e polos rituais sociais en torno á música e a danza. O artista Israel Fernández deu finalmente o seu concerto no escenario de Santa Margarida, debido ao interés que levantou entre o público a presenza deste artista no cartel desta 35ª edición, que colgara o cartel de entradas esgotadas no Castelo de San Antón.
Por último, outra das citas máis particulares foi a de nara is neus + Sasha Smirnova na Fundación Luis Seoane, que presentaban o seu traballo Dont You Recall.
Con estas actuacións déronse por terminadas as xornadas musicais do Festival Noroeste Estrella Galicia neste 2022, polo que este ano pasaron artistas como Tanxugueiras, Zahara, Baiuca ou UB40, que sumados ao resto de bandas deron como resultado un cartel excelente para esta 35ª edición.
Co peche desta edición tamén despedimos ao Mercado de Discos do Noroeste, que abriu as súas portas o pasado venres con grande éxito de convocatoria. Máis de 1.000 persoas pasaron na súa inauguración polo Mercado de San Agustín, que contou nas súas instalacións con máis de 35.000 referencias musicais en diferentes formatos e estilos a disposición do público. Este proxecto naceu co propósito de establecer no emblemático recinto do Mercado Municipal de San Agustín da Coruña un encontro de interés musical onde reunir a coleccionistas, expositores, selos e distribuidoras de soportes fonográficos (vinilos, CD
) con acceso libre para todos os públicos durante os días 12, 13 e 14 de agosto. O Mercado de Discos do Noroeste despediuse ata a próxima edición coa seguinte programación:
DOMINGO 14
12:00h - 14:00h: Baile social con Loopy Hoppers (exterior)
12:00h - 13:00h: Presentación Todo en nombre del Rock & Roll
DJ SOUND SYSTEM
11:00h - 12:00h: Tino
13:00h - 15:00: Tino
15:00h - 18:00h: Yeka
Desde o comezo desta edición, púidose desfrutar do regreso ao Festival Noroeste Estrella Galicia do Mercado da Colleita, que estivo situado no Campo da Leña durante os cinco días de festival e que contou coa presenza de distintos produtores que participan no proxecto así como con actividades de degustación e divulgación. O Mercado da Colleita é unha iniciativa de impacto social de Corporación Hijos de Rivera cuxo propósito é a transformación do rural nun medio máis próspero, sostible e saudable que xera benestar; a través da investigación, a concienciación e a divulgación de iniciativas inspiradoras que están a transformar o rural.
Ademais, Estrella Galicia e WE Sustainability traballaron conxuntamente en concienciación medioambiental a través de diferentes accións como a cuantificación, separación e limpeza de residuos co obxectivo e reto de reducir a pegada de carbono e transformalos para que teñan unha segunda vida como mobiliario para eventos. Para isto, puxeron a disposición do festival un equipo de concienciación para darlle trazabilidade aos puntos de separación e recollida de residuos.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.