//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciou que o Goberno autonómico vai aplicar as vantaxes da intelixencia artificial á Administración educativa dixital para mellorar a toma de decisións de cara ao éxito escolar, crear un expediente académico único e habilitar un portelo único de comunicación da comunidade educativa. "Será a través do proxecto EdugalIA, un programa pioneiro e moi innovador xa que non se ten feito en ningunha outra comunidade autónoma", explicou.
Galicia acollerá a primeira reunión conxunta do equipo de traballo interrexional do proxecto GIFT (Green Infrastructure for Forest and Trees), que se constituíu o pasado mes de xuño e cuxa misión é establecer ao longo dos vindeiros catro anos medidas e políticas sectoriais efectivas na xestión da infraestrutura verde e da paisaxe. Os días 29 e 30 de agosto celebrarase en Santiago a primeira revisión entre pares desta iniciativa co fin de analizar e mellorar da man dos socios implicados os instrumentos políticos directamente relacionados coa infraestrutura verde, entendida como unha rede de elementos que melloren a resiliencia ante o cambio climático, contribúan á conservación da biodiversidade e beneficien á contorna.
Presentouse a cuarta edición do Nachiños Fest, que terá lugar os días 8 e 9 de setembro no campo das Cabazas, en Covas, e que conta este ano con figuras internacionais como a banda londiniense Crystal Fighter que ofrecerá na cidade o seu único concerto en Galicia. Xunto a eles haberá outras caras coñecidas do panorama nacional como Alizzz, Cupido, Anabel Lee, Besmaya, Julia Nar ou Alison Darwin que compartirán escenario coas formacións galegas The Rapants, Galician Army e Berto. O Nachiños Fest aporta unha oferta musical diferente á temporada estival en Ferrolterra, a música indie, que conxuga con elementos tan identificadores da comarca como son o surf e a natureza.
A Xunta de Galicia, a través do seu Comité Permanente de Coordinación, no marco das actuacións fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, declara hoxe o nivel de alerta 1 (amarelo) nas zonas do interior denominadas Sur de Lugo e Montaña de Ourense, e o nivel 2 (laranxa) na zona de Valdeorras. Xa mañá as previsións son que as temperaturas tanto mínimas como máximas aumentarán en toda a Comunidade Autónoma, polo que toda ela estará en nivel de alerta 1 (amarelo), aumentando a nivel de alerta 2 (laranxa) certas zonas do interior de Galicia (Sur de Lugo e Miño de Ourense), e da costa de A Coruña (Suroeste de A Coruña) e Pontevedra (Rías Baixas e Miño de Pontevedra) sendo na zona de Valdeorras o nivel de alerta máxima (nivel 3, vermella).
O transporte público de titularidade da Xunta rexistra máis de 18 millóns de viaxeiros no primeiro semestre do ano, un 17 % máis que no mesmo período de 2022. Os datos do primeiro semestre avaliados constatan o avance continuado na recuperación da demanda de transporte público, tras a caída desde o inicio da pandemia da covid-19.
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes vén de activar para mañá a alerta laranxa por altas temperaturas na zona do Miño de Ourense. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), trátase dun fenómeno meteorolóxico que se espera que comece arredor do mediodía con temperaturas máximas de ata 40 graos. Xa está activa a alerta amarela por máximas de 36 graos nesta zona da provincia ourensá e mañá pasará a laranxa. Tamén hoxe o aviso é de nivel amarelo no sur da provincia ourensá.
O obxectivo do Club de Ciencia é proporcionar un escenario propicio para desenvolver estratexias metodolóxicas que promovan capacidades, coñecementos e técnicas, a través dunha invitación ao descubrimento, que aumenten o interese dos participantes por mergullarse nos diversos campos da ciencia e as súas posibilidades de aplicación na tecnoloxía.
O Faro de Corrubedo, en Ribeira, será o lugar escollido para a despedida desta edición do ciclo de concertos en espazos singulares promovido por Turismo de Galicia e a Fundación LaCaixa, Festival Mar Aberto, Concertos na fin do Mundo, que chega ao seu remate esta fin de semana. O sábado, 19 a proposta estará protagonizada por The Gift, un dos máximos expoñentes do panorama da música independente portuguesa, e por Sheila Patricia, cantautora galega que nos achegará as súa música orixinal e chea de forza, influenciada polo jazz, o fado ou o folckore.
A Xunta de Galicia informa da detección no Concello de Moaña de exemplares do mosquito aedes albopictus, comunmente chamado mosquito tigre. O goberno autonómico conta cunha Rede Galega de Vixilancia de Vectores que identificou durante o ano pasado máis de 6.000 exemplares de mosquitos con potencial interese pola súa capacidade de ser vectores de transmisión de enfermidades. Desde a posta en marcha do novo Plan Nacional de Prevención, Vixilancia e Control das enfermidades transmitidas por vectores, Galicia colabora tamén co CSIC no impulso do proxecto de ciencia cidadá Mosquito Alert, que facilita a participación da cidadanía na achega de información sobre presenza de mosquitos.
A Xunta de Galicia convoca axudas para comprar vivendas en centros históricos de Galicia, que poden chegar aos 15.000 . Trátase do quinto ano consecutivo no que se convocan estas axudas, para promover a recuperación do patrimonio xa construído ao mesmo tempo que se facilita o acceso das familias a unha vivenda, ao abeiro do do Pacto social pola vivenda de Galicia 2021-2025. Esta convocatoria conta cun orzamento de 500.000 , e as axudas parten dun importe inicial de 10.800 , que se poden ver incrementados ata o 12.800 para persoas menores de 35 anos, e ata os 15.000 se o inmoble afectado está nalgunha das 7 Áreas Rexurbe declaradas en Galicia.
Un ducia de fotografías captadas por Inmaculada Gutiérrez, Pilar Moreno, Leopoldo Martínez e Lucía Morales, que descobren na natureza elementos xeométricos, simetrías e outros conceptos matemáticos integran a mostra Xeometría Natural, inaugurada este mércores 8 no claustro alto do Colexio de Fonseca, e que permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 5 de abril.
Máis de 40 centros educativos realizarán os seus programas desde diversas emisoras de radio, preto de 2000 estudantes de institutos e centros universitarios de toda a Eurorrexión-Galicia norte de Portugal celebrando xuntos o Día Mundial da Radio. O luns 13 de febreiro, desde diferentes radios e centros de ensino de toda Galicia e norte de Portugal, realizaranse máis de 15 horas de radio en directo.
Trinta participantes cun total de 26 proxectos están traballando xa na XVI edición do programa Explorer, un programa internacional de emprendemento para alumnado universitario que organiza Banco Santander co Centro Internacional Santander Emprendimiento (CISE), coa colaboración da Universidade da Coruña.
O Campus Remoto da Universidade de Vigo acolleu a celebración da sexta edición de Expouniversitas. Forum de Innovación e Investigación Educativa. Nesta ocasión foron 40 os traballos presentados e postos en valor neste foro por parte de membros da comunidade universitaria, principalmente alumnado e profesorado da UVigo pero tamén de institucións académicas foráneas.
A Rede Transfronteiriza de Biomasa celebrou este mércores en Vigo o seu primeiro encontro. Esta rede xurdiu como un dos resultados do proxecto Biomasa-AP, que agora ten continuidade a través do proxecto Biomasa-CAP. A finalidades é capitalizar as capacidades de I+D no uso enerxético da biomasa non valorizada de alto potencial en Galicia e o norte de Portugal.
A USC é dende esta semana unha das once institucións universitarias que integran a alianza EUniWell, a Universidade Europea do Benestar, que co apoio da Comisión Europea persegue comprender, mellorar, medir e reequilibrar o benestar das persoas, as comunidades e a sociedade no seu conxunto en base a valores democráticos, inclusivos e de diversidade.
A candidatura presentada por Casa Grande de Xanceda resultou a gañadora do XXIII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, segundo deu a coñecer este martes, no lugués Pazo de Montenegro, o xurado encargado de emitir o ditame dun galardón, convocado polo Grupo Aresa e a USC, que, nesta edición, recibiu 17 candidaturas.
'Creahlands MOOC, Xestión creativa do patrimonio e a paisaxe rural' é o título do curso en liña que inaugura a nova plataforma de educación en aberto da Universidade da Coruña. Os MOOC (Cursos online masivos e abertos, polas súas siglas en inglés) son cursos por Internet, aos que se pode matricular calquera persoa sen límite de participantes.
Youtubeiras, proxecto promovido por USC, UDC e UVigo, así como polos servizos de normalización lingüística de doce concellos e da Deputación da Coruña, co obxectivo de fomentar a creación no Youtube en galego con temáticas e formatos diversos, coa vontade de promover e outorgar visibilidade aos diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede, deu a coñecer esta fin de semana os nomes das persoas gañadoras da edición de 2022.
A cidade de Ourense será a sede do IV Congreso Internacional sobre prevención, tratamento e control do consumo de cannabis e os seus derivados: abordaxe na adolescencia e desde a perspectiva de xénero, que se desenvolverá do 23 ao 25 de novembro no Auditorio Municipal.