Noticias

O Plan de Seguridade Viaria 2022-2025 promove a 'Visión Cero' para reducir ao mínimo as vítimas de accidentes de tráfico e acadar unha mobilidade segura

Está en marcha o Plan de Seguridade Viaria 2022-2025, posto en marcha pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para reducir ao mínimo as vítimas en accidentes e acadar o obxectivo de cero vítimas, é dicir, con 'visión cero'. Este plan, recoñecido como referencia nacional polo Observatorio Nacional de Seguridade Viaria, ten dúas metas fundamentais: diminuír o 25% do número de falecidos e feridos graves nas vías interurbanas e nas travesías con respecto a 2019, e reducir o 25% dos falecidos e feridos graves en usuarios vulnerables (peóns, ciclistas ou motoristas).

A Xunta de Galicia persegue estes obxectivos por medio de diversas accións, que promoven a seguridade viaria desde todos os puntos de vista: mellora das infraestruturas, promoción da educación e formación viaria, bo estado do vehículo ou a priorización da seguridade viaria no lugar de traballo.

Reforzo da seguridade nas estradas

O goberno autonómico segue traballando na eliminación de tramos de concentración de accidentes, para o que ten asignado un orzamento de máis de 20 M€ para os vindeiros anos, sendo Galicia a única comunidades conseguiu que os fondos europeos FEDER financien este tipo de actuacións. As obras realizadas neste ámbito, cun investimento de 16,8 millóns de euros, permitiron reducir un 60% a sinistralidade destes puntos. As primeiras actuacións están a piques de rematar, coa finalización dos últimos traballos en vías autonómicas en Cangas, Moaña, Ponteareas e Sanxenxo. Estes traballos nos treitos de concentración de accidentes supuxeron o acondicionamento de 119 interseccións, a construción de 24 novas rotondas ou a mellora de 138 pasos de peóns.

Outra das liñas fundamentais de traballo é a conservación das estradas autonómicas, na que a Xunta de Galicia puxo en marcha en 2016 o Plan de Reforzos de Firme, cun orzamento anual en torno aos 20 M€, para un total de máis de 115 M€ nos últimos seis anos para a mellora e conservación de vías autonómicas, garantindo a súa conservación e reforzando a seguridade viaria e a comodidade nos desprazamentos dos usuarios.

Por último, cabe destacar o pioneiro programa de inspección e xestión de obras de paso, muros e noiros, que conta por primeira vez este ano cunha partida específica 4,1 M€.

Mobilidade segura e sostible

NoticiaO goberno autonómico, dentro do seu obxectivo de acadar unha mobilidade segura e sostible no entorno das estradas, está a traballar na seguridade de peóns e ciclistas con máis de 250 quilómetros de sendas nos últimos 6 anos nas marxes das estradas autonómicas. Adicionalmente, os fondos Next Generation permitirán estender a rede de sendas executadas máis aló das estradas nas contornas das grandes cidades eixes de mobilidade sostible: vanse acometer itinerarios na cidade de Ourense para conectala de norte a sur, ao unir a intermodal coa Ponte Vella e completando a senda do Barbaña; tamén en Santiago, cun grande itinerario peonil e ciclista que unirá O Milladoiro coa intermodal, os hospitais e San Caetano; ou en Pontevedra, conectando con Marín a través da mellora integral na estrada autonómica PO-546.

Tamén se está traballando para mellorar a seguridad de 1.100 paradas de autobús nas estradas autonómicas, nunha novidosa liña cun investimento previsto de arredor de 35 M€.

Concienciación

Se importantes son os traballos realizados para mellorar a seguridade viaria, non o é menos a concienciación da poboación, e por iso é necesario sumar os esforzos de Administracións públicas e cidadáns para promover hábitos seguros nas estradas. Por iso a Xunta puxo en marcha unha campaña para lembrar aos peóns e aos condutores a fraxilidade dos usuarios vulnerables nas vías, empregando como recurso unhas figuras con estética de Sargadelos coas que se mostra aos cidadáns que os peóns ou ciclistas son usuarios fráxiles nas estradas.

Esta campaña da unha serie de recomendacións, lembrando aos aos peóns a importancia de facerse ver con prendas reflectoras; de camiñar pola esquerda da estrada sempre que non exista senda ou beirarrúa; ou de escoller o lugar máis seguro para cruzar.

Outras campañas de concienciación están máis orientadas a condutores e ciclistas (como as destinadas a sensibilizar da necesidade de evitar distraccións como o móbil na condución; ou de deixar sempre metro e medio de distancia con respecto aos ciclistas) ou aos nenos (como 'O corazón está do teu lado' que levou hábitos responsables nas estradas por moitos colexios de Galicia).

R., 2023-10-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
Foto de la tercera plana (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES