Noticias

A tecnoloxía desembarca nas residencias públicas de maiores de Galicia

Ao longo dos vindeiros meses, e despois de longas probas no laboratorio, a Xunta de Galicia vai incorporar unha serie de avances tecnolóxicos nos centros galegos de maiores que mellorarán a seguridade e o confort dos seus usuarios. Os anos de pandemia foron un gran reto para toda a sociedade galega, pero especialmente para as residencias de maiores, onde convivían persoas vulnerables. Pero Galicia non só foi a comunidade coa taxa de mortalidade máis baixa, senón que ademais aproveitou a oportunidade para deseñar centros máis humanos, acolledores e confortables, que os seus usuarios poidan sentir como verdadeiros fogares.

Nos últimos dous anos, a residencia de maiores da Estrada (Pontevedra) foi o banco de probas, no que participaron pacientes e traballadores reais. Alí se instalaron estes avances tecnolóxicos que chegarán a todos os centros da rede pública, unha serie de sensores nas habitacións para detectar situacións de risco e incluso incipientes enfermidades. Entre eles destacan os medidores de temperatura e humidade (que envían un sinal de alarma se unha habitación sae dos estándares recomendados) ou sensores que detectan unha caída da cama, un abandono da estancia en horario nocturno, ou un problema de saúde, ao saltar unha alarma indicando que un usuario está a acudir ao baño de forma inusual.

As habitacións intelixentes tamén incorporarán sistemas de comunicación directa entre os usuarios e o control do centro, para trasladar de xeito inmediato calquera necesidade que poida xurdir.

Outras actuacións

NoticiaAdemais destes avances tecnolóxicos, resultan fundamentais os coidados de proximidade, que permiten que os maiores permanezan nas súas contornas sen deixar de recibir os coidados que necesitan, salvando os obstáculos que supoñen a realidade xeográfica galega e a súa histórica dispersión territorial. Trátase de programas que xa chegaron a máis de 50.000 persoas, e que inclúen máis de 100 casas do maior con 500 prazas gratuítas, e o programa ‘Coidados porta a porta’, co que oito unidades móbiles prestan servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e de estimulación da memoria en toda a nosa comunidade.

R., 2023-10-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
Foto de la tercera plana (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES