Notas de prensa

A novena edición da FIRST LEGO League Galicia reunirá en Ferrol a máis de 300 mozos e mozas

A Universidade da Coruña organiza, por noveno ano consecutivo, a FIRST LEGO League Galicia (FLL Galicia), o vindeiro sábado 4 de marzo, no Campus Industrial de Ferrol, entre as 09:00 e as 18:00 horas. Nesta edición, participan un total de 44 equipos (22 na categoría FLL Challenge, 21 na FLL Explore e 1 na FLL Discover) e máis de 300 mozos e mozas de toda Galicia.

O evento, coordinado polo profesor José Antonio Becerra Permuy, poderá seguirse en directo a través da canle oficial de YouTube da FLL Galicia.

A sala anexa ao Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolleu este venres a presentación desta novena edición á que asistiron a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla Fernández, a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao Rodríguez, o concelleiro delegado da Área de Cultura, Educación, Universidade, Deportes e Festas do Concello de Ferrol, Antonio Golpe Díaz, a directora do Campus Industrial, Ana Ares Pernas, e o director comisionado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Andrés Piñón Pazos.

Na súa intervención, o coordinador da FIRST LEGO League Galicia, José Antonio Becerra Permuy, explicou que, nesta novena edición, o torneo volve ao Campus Industrial de Ferrol xa que as presentacións dos Proxectos de Innovación se farán nas aulas da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e nas da Facultade de Humanidades e Documentación mentres que o Xogo do Robot se disputará no Pavillón de Esteiro e a entrega de premios terá lugar, en horario de tarde, no Auditorio de Ferrol. Do mesmo xeito, lembrou que a primeira edición tivo lugar no Salón de Actos Concepción Arenal do campus ferrolán, a segunda no campus da Coruña, e, desde a terceira ata a actualidade, no Auditorio Municipal de Ferrol e no Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño agás no ano 2021 que foi integramente en liña por mor da COVID-19.

Como cada ano, colaboran nesta iniciativa a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego – dependente da Consellaría de Promoción do Emprego e Igualdade –, a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Ferrol. Ademais, patrocinan a FLL Galicia a empresa Gabadi SL, o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), Gadis, R Cable, ERROR! Ferrol, PuntoGal, Neodyn e Todo Ocio.

Que é a FIRST LEGO League?

A FIRST LEGO League é un programa internacional que desafía a mozos e mozas de entre 4 e 16 anos, divididos en 3 categorías, a resolver problemas do mundo real como poden ser a reciclaxe, a educación ou as enerxías renovables. Mediante a súa resolución, os mozos e mozas desfrutan coa ciencia e a tecnoloxía. Ao mesmo tempo, aprenden valiosas habilidades para o seu futuro profesional e persoal como son o traballo en equipo, a resolución de problemas e a comunicación.

O desafío FIRST LEGO League en España

Desde o ano 2022, a Asociación ingeniera.soy é a entidade que impulsa a FIRST LEGO League en España en colaboración co 20% das universidades españolas, parques tecnolóxicos e entidades de promoción da innovación como socios. Ademais, a iniciativa é posible grazas á colaboración de empresas e entidades que achegan aos participantes aos coñecementos e profesións STEAM.

Como funciona a FIRST LEGO League?

Cada tempada, a FIRST LEGO League desafía aos mozos e mozas a resolver problemas do mundo real, tales como a reciclaxe, a xestión da auga ou as enerxías renovables mediante as oportunidades que ofrece a ciencia e a tecnoloxía. Na edición 2022/23, a través do DESAFÍO SUPER POWERED invita aos equipos a explorar de onde provén a enerxía e como se distribúe e emprega. Ademais, porán a traballar toda a súa creatividade para innovar e acadar un mellor futuro enerxético.

Os equipos teñen que resolver este desafío en tres áreas de traballo:

O Proxecto de Innovación. Un proxecto que explique e detalle a súa solución innovadora como opción de mellora ao problema proposto.
O Xogo do Robot. O deseño, construción e a programación dun robot LEGO MINDSTORMS Education que terá que superar divertidas misión nun taboleiro de xogo relacionado co desafío.
A integración dos valores FIRST LEGO League. Mentres os equipos desenvolven o Proxecto Científico e o Xogo do Robot, integran os valores FIRST LEGO League: descubrimento, innovación, impacto, inclusión, colaboración e diversión.

Como participa un equipo na FIRST LEGO League?

Os participantes crean un equipo, de entre 2 e 10 membros, de 10 a 16 anos.

Durante tres meses preparan o desafío FIRST LEGO League e organizan a súa propia micro FLL no centro educativo ou asociación. A participación nunha micro FLL dá acceso aos Torneos Clasificatorios FIRST LEGO League.

Os equipos seleccionados nos Torneos Clasificatorios chegarán a GRAN FINAL FIRST LEGO League que este ano terá lugar os días 25 e 26 de marzo na Universidad Politécnica de Cartagena en Murcia.

Que é a FIRST LEGO Explore?

A FIRST LEGO League Explore é un programa internacional dirixido a nenos e nenas de 6 a 9 anos, centrado na promoción da ciencia e da tecnoloxía, para captar a curiosidade dos máis pequenos e dirixila cara o descubrimento e a mellora do mundo que os rodea.

Por equipos, de entre 2 a 6 participantes, os máis pequenos deseñan e constrúen unha maqueta con pezas LEGO e preparan un póster illustrativo do seu traballo. Un póster que presentan diante do público asistente aos EVENTOS FIRST LEGO League Explorer que se organizan nos tornos clasificatorios e na Gran Final.

Que é a FIRST LEGO Discover?

A FIRST Lego League Discover é un programa introdutorio á ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e ás matemáticas (STEM), dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 6 anos. O programa estimula a súa curiosidade natural ampliando os seus coñecementos e desenvolvendo novos hábitos de aprendizaxe.

A FIRST LEGO League en Galicia

A Universidade da Coruña organiza por noveno ano consecutivo a FIRST LEGO League Galicia. O torneo terá lugar o vindeiro sábado 4 de marzo no Campus Industrial de Ferrol. O Xogo do Robot (Pavillón de Esteiro) e a entrega de premios (Auditorio de Ferrol) poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube da FLL Galicia.

Universidade de Vigo, 2023-02-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
Foto de la tercera plana (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES