
O VII Simposio da Castaña, un foro de análise e debate das últimas liñas de I+D e propostas de innovación arredor desta especie forestal promovido pola Sociedade Internacional de Ciencias Hortícolas (ISHS), reunirá investigadores de todo o mundo do 26 ao 29 de xuño no Campus Terra da USC, segundo adiantou o catedrático na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría Santiago Pereira Lorenzo, que é o coordinador dun congreso que mantén aberto o prazo de inscrición.
O tamén vicepresidente da división de froitos secos da ISHS subliñou que a celebración desta reunión científica na sede universitaria luguesa responde ao compromiso contraído entre a USC e a principal rede mundial da área de horticultura, unha organización independente que actúa como plataforma mundialmente recoñecida nos eidos da investigación, o intercambio de información científica e a colaboración a prol da innovación sustentable en horticultura.
A Sociedade Internacional de Ciencias Hortícolas contabiliza entre os seus membros máis de 70.000 individuos, universidades, gobernos, compañías comerciais, ademais dunha ampla representación institucional de medio centenar e países e rexións dos mundo, sinala Pereira Lorenzo, para, de seguido, cifrar en dous millóns de toneladas de castaña a produción das 500.000 hectáreas de bosques de castiñeiros existentes no mundo.
Produción de castaña
A produción de castañas en Asia é case 8 veces máis que en Europa. China, que conta con máis de 300.000 hectáreas de castiñeiras, é o principal produtor mundial nunha listaxe na que tamén destacan outros países como Corea e Xapón, en Asia, así como Turquía, Italia, Portugal e España, en Europa, e Chile, en América do Sur. A principal diferencia entre a produción asiática e a europea está na cantidade, pero sobre todo no feito de que se trata de dúas especies cultivadas distintas: Castanea mollissima, en China, e C. crenata, en Xapón, mentres que en Europa, onde se estima a existencia duns dous millóns de hectáreas de bosques dominados por castaños, cultívase C. sativa, explica Pereira Lorenzo.
Galicia, salienta o catedrático da USC, é a principal produtora de castaña de España e a rexión que presenta unha maior diversidade xenética de cultivares de castiñeiro de calidade, con árbores monumentais preservan esa diversidade, e cuxa produción está amparada por la Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia, a única IXP de España. Alén da produción de castaña, o profesor Pereira Lorenzo tamén pon en valor a importancia do castiñeiro pola súa madeira de calidade, así como pola súa fonda pegada na paisaxe e mesmo na tradición cultural europea, como se manifesta nos magostos.
Simposio da Castaña
O Simposio da Castaña promovido pola Sociedade Internacional de Ciencias Hortícolas (ISHS) celebra a súa sétima edición a Galicia un cuarto de século despois do nacemento desta reunión científica. De feito, logo de xuntanzas previas desenvolvidas en Estados Unidos, o Simposio de la Castaña organizouse en 1998 en Francia para logo trasladar a súa sede a Portugal (2004), China (2008), Estados Unidos (2012) e Turquía (2014).
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.