Noticias

Paul Weller encabeza o cartel dun Underfest que soará en todo Vigo ao repartir 14 concertos en sete recintos

O británico Paul Weller encabeza o cartel deste ano do Underfest SON Estrella Galicia, evento musical que converterá Vigo nun gran escenario ao distribuír os 14 concertos por diferentes recintos. O Museo Marco, o Auditorio Mar de Vigo ou as salas Masterclub e La Iguana Club son algúns dos espazos que acollerán os concertos entre este venres e o sábado. O Underfest abrirá a súa programación o venres ás 18,30 h no Panóptico do Museo Marco con Sam Amidon, cantante estadounidense referente do folk-rock; e continuará unha hora despois no propio centro expositivo situado na rúa Príncipe con Queidem, artista valenciano que presenta o seu álbum debut.

O británico Paul Weller encabeza o cartel deste ano do Underfest SON Estrella Galicia, evento musical que converterá Vigo nun gran escenario co apoio da Xunta, ao distribuír os 14 concertos por diferentes recintos. O Museo Marco, o Auditorio Mar de Vigo ou as salas Masterclub e La Iguana Club son algúns dos espazos que acollerán os concertos entre este venres e o sábado.

O apoio do Executivo galego á organización deste encontro canalízase por unha dupla vía. Por unha banda, a través das subvencións a festivais profesionais de música e, pola outra, de FEST Galicia, marca de calidade coa que a Xunta procura difundir a nosa Comunidade como territorio de referencia para a celebración deste tipo de eventos, tanto desde o punto de vista da excelencia no eido musical como no campo da xestión profesional.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou esta mañá na presentación do Underfest xunto a Raquel Seijo e David Lago, responsables de Sweet Nocturna, promotora do festival, e representantes doutras entidades colaboradoras. Na súa intervención, Sutil puxo en valor “o atractivo e o perfil internacional deste encontro, que lle brinda ao público vigués unha cita musical de primeiro nivel”.

Underfest, lembrou o representante da Xunta, súmase ademais este ano a axenda global de máis 2500 citas artísticas que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades está a desenvolver ao longo do verán. Un “completo e variado calendario” que, baixo o nome de A Cultura en Galicia é un CulturON, vén incluíndo desde xuño accións divulgativas nos museos, mostras de artes escénicas e encontros musicais como o Underfest, entre outras iniciativas.

Apertura no Marco

O Underfest abrirá a súa programación o venres ás 18,30 h no Panóptico do Museo Marco con Sam Amidon, cantante estadounidense referente do folk-rock; e continuará unha hora despois no propio centro expositivo situado na rúa Príncipe con Queidem, artista valenciano que presenta o seu álbum debut: Evitaremos todo mal.

A Sala Kominsky recibirá o trío indie-rock Ciel ás 20,15 h, e La Iguana Club acollerá o dúo británico Blood Red Shoes ás 21,00 h. A primeira xornada rematará da man de PVA, que grazas ao seu primeiro disco Blush é un referente no circuíto de clubs londiniense.

O segundo día do festival continuará coa actividade da man coa artista ecuatoriana La Torre no Marco ás 18,00 h. e dúas horas despois, ás 20,00 h, o Auditorio Mar de Vigo recibirá a Paul Weller, o lendario músico británico cuxa ampla traxectoria comezou a finais dos setenta ao fundar bandas como The Jamp.

La Élite, formación catalá que ofrece un directo moi eléctrico e irreverente, actuará en La Iguana CLub ás 22,30 h, mentres que o dúo español _Juno fará o propio ás 20,45 h con Radar. A banda andaluza Los Mejillones Tigre arribará á Kominsky ás 22,30 h. Ao fío da media noite, Alex Silva estará en Radar Estudio e o trap con sons tropicais de Mueveloreina, resoará na Mogambo. Yung Prado, á unha da madrugada, porá o broche aos dous días de festival na sala Radar.

Exposición e entradas

Underfest achégalle ao público actividades máis alá do apartado de actuacións musicais. Sen ir máis lonxe, o festival inaugura este mesmo mércores, como aperitivo ao cartel, unha exposición na Galería Maraca, espazo que acolleu hoxe a presentación aos medios. Baixo o título Rock’ink Gig Poster Show, a mostra recompila obras de dez dos cartelistas máis recoñecidos do país, entre os que se atopan galegos como Rubén Suárez. Para a inauguración, cóntase co concerto de Henry Warrington.

As entradas para os diferentes concertos que aínda contan con localidades dispoñibles atópanse á venda na páxina web de Underfest. Os abonos para o programa completo están esgotados xa, como a entrada conxunta para os concertos do sábado.

R., 2023-09-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES