
O consorcio asumiu como reto o desenvolvemento dunha nova metodoloxía educativa co apoio dunha plataforma intelixente centrada na colaboración e a reflexión, ferramentas esenciais para a formación inicial do profesorado no período de prácticas escolares, explican. Este sistema tecnolóxico intelixente incorpora diferentes ferramentas de software libre nunha mesma contorna formativa, facéndoas interoperables para facilitar o seguimento efectivo por parte dos mentores académicos e escolares ao longo de todo o proceso de prácticas escolares dos futuros docentes. Isto repercute positivamente na colaboración e comunicación de todos os actores implicados no proceso.
A conferencia final deste proxecto EKT, titulada Tecnoloxías intelixentes para a innovación na formación do profesorado, reunirá especialistas e responsables de formación do profesorado de cinco países europeos, así como empresas tecnolóxicas do sector, nun foro no que se presentarán os resultados do proxecto, incluíndo produtos como o sistema tecnolóxico EKT Smart ou a metodoloxía educativa EKT. Ademais, no marco da conferencia, entregaranse diplomas a aquelas persoas que participaron na experimentación EKT. A participación no evento será tanto presencial, como virtual, e está aberta de balde a todas as persoas interesadas.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.