//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
Pistacatro, recente Premio da Cultura Galega en artes escénicas, organiza a oitava edición de D10! Encontro para a formación e innovación no circo, que se desenvolve en Santiago de Compostela ata o vindeiro 7 de decembro arredor dun programa que combina laboratorios de investigación e creación coa exhibición de espectáculos e coloquios. O Salón Teatro acollerá a primeira das seis propostas de artes circenses das que o público galego poderá gozar ata o domingo 3. O CDG acollerá tres propostas escénicas: Runa, do artista sirio-catalán Amer Kabbani; Rollercoaster, do malabarista estadounidense Wes Peden, e Nus, da catalá Cèlia Marcé.
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe na Comisión Operativa da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia que se celebrou en Santiago de Compostela, unha xuntanza á que, entre outros, asistiu o director territorial da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia (ITSS), Demetrio Fernández. Na reunión aprobáronse os obxectivos e determinouse a actividade prioritaria a desenvolver pola Inspección de Traballo en Galicia ao longo de 2024.
O evento está declarado de interese turístico galego e o seu principal atractivo é o belén electrónico con figuras animadas, que pode visitarse ata finais de xaneiro no centro cultural José Domínguez Guizán. Do 23 de decembro ao 7 de xaneiro estará aberto todos os días, de 11 a 13 horas e de 16 a 19 horas. Durante as restantes semanas abrirá sábados, domingos e festivos pola tarde. Paralelamente, convócanse o XXXIV Certame galego de arte José Domínguez Guizán, e o Certame nacional de poesía sobre o Nadal, o Certame xornalístico Begonte e o Nadal, e o Certame de debuxo infantil sobre o Nadal, que alcanzan xa a súa cuadraxésimo oitava edición.
Tivo lugar na Sala de prensa da Reitoría da UDC a presentación da terceira edición do Estudo Demoscópico sobre a demanda turística no Camiño Inglés. O evento contou coa presenza do reitor da UDC, Julio Abalde; o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás Franqueira; e María Elvira Lezcano González e Antonia Pérez García, profesoras da Facultade de Turismo da UDC. Este proxecto, levado a cabo polas propias María Elvira Lezcano e Antonia Pérez, xunto cos profesores Carlos Rodríguez Carro e Iria Caamaño, contou tamén coa colaboración de varios estudantes.
O Servizo Galego de Saúde porá en marcha unidades funcionais multidisciplinares da dor en todas as áreas sanitarias. As unidades contarán con anestesistas, neurólogos, reumatólogos e persoal de enfermería, entre outras especialidades, e traballarán en ofrecer unha atención integral e multidisciplinar encamiñada a aliviar a dor e mellorar a calidade de vida das persoas que a sofren. Neste sentido, o Sergas xa mide e rexistra na gráfica de constantes a dor aguda e, a finais do ano pasado, publicouse un novo procedemento actualizado para valorar a dor aguda nos hospitais. En canto á dor crónica, co circuíto asistencial da E-interconsulta da Unidade de dor, os equipos de atención primaria poden compartir de forma áxil o manexo da atención a esta dor.
Aínda que a xestión de emerxencias é unha competencia que corresponde aos concellos (no caso dos municipios de máis de 20.000 habitantes) e ás deputacións provincias (no resto de municipios), o goberno galego continua traballando para reforzar os servizos de emerxencias dos concellos da nosa comunidade. Deste xeito, a Xunta destinou máis de 23 millóns de euros nos últimos anos ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil, máis de 14 millóns en equipamento, 4 millóns en gastos de funcionamento e 5 millóns en formación destes efectivos e doutros servizos de emerxencias, xestionada a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).
OVO é a 25ª producción en directo do Circo do Sol, creada con motivo do seu 25 aniversario. Estreouse por primeira vez en Montreal no ano 2009 e visitou 30 cidades en seis países diferentes como espectáculo de Gran Carpa antes de transformarse nun espectáculo de pavillón no ano 2016. Poderá verse en varias sesións no Multiusos Fontes do Sar, en Santiago de Compostela. No espectáculo teñen especial protagonismo os insectos que traballan, comen, se desprazan, xogan e loitan. Cando un misterioso ovo aparece entre eles, os insectos senten unha intensa curiosidade por ese obxecto icónico que é, ademais, o fío conductor do espectáculo. Ademais das acrobacias e espectáculos, destaca o vestiario, inspirado nos superheroes futuristas e en armaduras de calquera época.
O 24,9 % da infancia menor de 18 anos en Galicia vive en risco de pobreza e/ou exclusión social (taxa AROPE polas súas siglas en inglés -At risk of poverty and/or exclusion). Esto supón que 93.000 nenos, nenas e adolescentes na comunidade autónoma están nesta situación, segundo se desprende da Análise da Enquisa de Condicións de Vida con enfoque de infancia elaborado pola Plataforma de Infancia en colaboración coa Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG).
Máis de 450.000 galegos e galegas de entre 65 e 79 anos serán invitados a participar nun estudo sobre a vacina da gripe que vai desenvolver a Consellería de Sanidade e investigadores do Grupo de Xenética, Vacinas e enfermidades infecciosas (GENVIP) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS). O ensaio GALFLU (www.galflu.gal), un dos de maior dimensión realizado en España con vacinas, quere comprobar se a versión da vacina de alta carga da gripe (a que xa se está a empregar en maiores de 80 anos porque se comprobou que é máis eficaz nesa franxa de idade) é igualmente beneficiosa nas persoas de entre 65 e 79 anos.
O alistamento e servizo de españois residentes nos Estados Unidos nas súas forzas armadas durante a Segunda Guerra Mundial non foi un feito infrecuente, sendo Galicia a rexión de orixe máis afectada, cun 30.8% do total de recrutados. Esta é unha das principais conclusións do estudo desenvolvido polo profesor da USC Javier Fernández Castroagudín en colaboración con Óscar Galansky López, Jesús González Beade e Rubén Travieso Díaz da Asociación GRH Big Red One Manuel Otero. O obxectivo da investigación foi analizar de forma sistemática o perfil e traxectoria dos emigrantes galegos que serviron nas forzas armadas dos Estados Unidos durante o conflito. Para logralo, realizouse un proceso secuencial de busca nos rexistros militares da National Archives and Records Administration (NARA, College Park, Maryland e St Louis, Missouri, Estados Unidos).
A UDC leva catro anos traballando coa Fundación Galicia Sustentable no Concello da Laracha sobre modelos baseados nos principios da agricultura sintrópica para a rexeneración de chans. Este estudo conseguiu demostrar que estas técnicas de agricultura rexenerativa dan resultados moi notables na recuperación do chan en plantacións intensivas de eucalipto, recuperando a súa produtividade agroalimentaria.
En catro días, o FIV de Vilalba volverá tinguir de fucsia a localidade na que se celebra o primeiro festival da tempada desde fai dezaseis anos. Vilalba espera numerosos visitantes na súa edición máis multitudinaria, albergando este ano un aforo para 5.000 persoas. O venres, o festival abrirá as súas portas ás 19 horas coa sesión de Tangerine Sistas, que dará paso ás actuacións de Moura, Carlangas, Sidecars, La Casa Azul e Akkan.
O Festival RESIS segue enchendo A Coruña da mellor música contemporánea e arte internacional. Como parte da súa programación, esta semana haberá unha instalación sonora e mais un concerto. O venres, día 28 de abril, ás 20:00, inaugurarase Faro Horizontal/7, instalación que se poderá visitar ata o día 19 de maio na Fundación Luís Seoane. Trátase dunha obra que mestura a música coa arte visual, da man de Marco Maril e Juan Lesta respectivamente.
A Nerd Nite correspondente ao mes de abril desenvolverase o vindeiro día 26, a partir das 20.30 horas, na Nave de Vidán. As persoas relatoras serán Andrea Rodríguez Antón, investigadora do INCIPIT-CSIC; xunto cos profesores da USC Alberto Quián e Belén Trigo García. Astronomía, hackers e dereito serán os eixos temáticos sobre os que se asentará a sesión de acceso libre ata completar a capacidade do espazo.
Marcos Méndez, xornalista freelance lucense centrado actualmente na cobertura da guerra de Ucraína, é o gañador da XIX edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol, coa colaboración do Concello de Ferrol. A candidatura de Marcos Méndez resultou vencedora con maioría suficiente e sen necesidade de voto de calidade do presidente do xurado.
O Encontro Universitario de Danza que chega á súa vixésimo primeira edición desenvolve este mércores 19, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, o seu acto central. Apartir das 20.30 horas, a sesión botará andar coa obra 'Á espera de....', a cargo da aula de danza da Universidade da Coruña. A continuación, será a quenda da Compañía de Danza da Universidade de Vigo no Campus de Ourense, coa obra titulada 'Corpos Celestes'.
As restricións impostas para o control da pandemia da COVID-19 asociáronse a unha redución importante na transmisión do coronavirus en España, estimando que ao incrementar un 34% a intensidade das medidas reduciuse a transmisión nun 22% á semana. Así se conclúe no estudo publicado pola revista Frontiers in Public Health sobre a 'Eficacia de intervencións non farmacéuticas en nove campos de actividade para diminuír a transmisión do SARS-CoV-2'.
A hipertermia con nanopartículas magnéticas é un tratamento que toma como punto de partida o feito de que as células tumorais sexan máis sensibles aos incrementos de temperatura que as sas. Dado que os imáns poden quentarse baixo a acción de campos magnéticos, esta técnica consiste en situar nanopartículas magnéticas (nanoimáns) no tumor, para activalos de xeito remoto.
Conectar os estudos sobre decremento e poscrecemento, que poñen o foco na importancia de que o progreso da sociedade non se basee nun crecemento económico continuado, coa análise dos modos de funcionamento de diferentes tipos de organizacións, tanto públicas como privadas, é o eixo central do seminario que desenvolve o grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab.
A arte como dimensión definitoria do ser humano e como expresión simbólica coa que, ademais de representar ou evocar unha realidade externa ou interna, podemos tamén transformar esa realidade constitúen, como explicou o presidente da Aula Castelao, Alexandre Cendón, o fío condutor da XXXIX Semana Galega de Filosofía.