
Inserido nas actividades do proxecto europeo Prospera, o obxectivo principal deste encontro é impulsar a creación dunha rede de investigación sobre estudos de organización no contexto do poscrecemento. Con ese propósito, reúne en Pontevedra unha vintena de investigadores e investigadoras de diferentes universidades de España, Reino Unido, Grecia, Alemaña, Noruega, Italia, Países Baixos, Finlandia, Francia e Suecia.
Todo o mundo traballa nunha organización, sexa nunha organización pública, como a universidade, sexa privada, como as empresas, ou sexa unha organización sen ánimo de lucro, lembra o coordinador do Post-Growth Innovation Lab, Mario Pansera. Se non se cambia a organización, que é a estrutura básica da economía, non se pode pensar nun mundo que prospera pero que non crece, engade este investigador do eixo temático deste seminario enmarcado no proxecto Prospera (Prospering without growth: Science, Technology and Innovation). Financiado polo Consello Europeo de Investigación (ERC), este proxecto, que permitiu a posta en marcha deste grupo de investigación no campus pontevedrés, ten como obxectivo responder á pregunta de como poderían funcionar as organizacións nun sistema que non se basee nun crecemento sen fin.
Tres días de traballo
Coordinado polos integrantes do Post-Groth Innovation Lab, xunto cos investigadores Laura Colombo e James Scott Vandeventer, das universidades británicas de Exeter e Huddersfield, respectivamente, o punto de partida deste encontro é que existen diferentes perspectivas e puntos de vista, algúns contraditorios, sobre os fenómenos organizacionais en conexión co decremento e poscrecemento, segundo recolle na súa convocatoria. De aí que a xuntanza arrancase este mércores cunha xornada dedicada á realizar un mapeo dos diferentes estudos que se desenvolven neste ámbito, que permita, como sinala Pansera, ver cal é a situación académica e quen está traballando nestes campos. A través de diferentes reunións e talleres, esta primeira sesión de traballo busca promover un diálogo entre as diferentes vertentes e correntes destes estudos, que poña o foco, entre outras cuestións, nas implicacións que pode ter a idea do decrecemento en organizacións económicas como as empresas, así como na análise de fórmulas e exemplos de modelos alternativos de organización.
A xornada deste xoves, á que se sumarán de xeito virtual outros investigadores e investigadoras interesados neste tema pero que non traballan directamente nel, terá como obxectivo central o establecemento e impulso desta rede. Finalmente, o venres chegará o momento da posta en común das diferentes ideas recollidas nas dúas sesións de traballo previas, coa idea de dar forma a unha axenda de investigación, un documento que reúna as diferentes cuestións que esta rede prevé abordar nos próximos anos.
Taller co pianista Abe Rábade
As diferentes sesións de traballo veranse complementadas á súa vez, na tarde do xoves, por un taller de música e ciencia, como sinala Pansera, que será impartido polo pianista Abe Rábade. Esta actividade terá como punto de partida o seu disco máis recente, Botánica, no que presenta unha serie de composicións dedicadas á vexetación autóctona de Galicia. Partindo deste traballo, na que a música mestúrase coa botánica e a arte visual, Rábade afondará neste taller no que supón a combinación de diferentes linguaxes. A ciencia avanza cando se desafían as ideas establecidas, cando comezan a crearse fendas na teoría dominante e saen novas evidencias, e o mesmo pasa coa música, que é sempre unha combinación de linguaxes distintas que permiten crear algo novo, sinala Pansera desta actividade, dirixida aos e ás participantes no seminario e que será gravada por UVigo TV.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.