
A obra Alento da USC será a encargada de pechar a sesión. A entrada é libre e gratuíta para todas as representacións ata completar a capacidade do espazo.
A aula de danza da Universidade da Coruña presentará Á espera de..., unha proposta escénica que reflexiona dende o movemento sobre o acto de agardar. Inspirada na obra de Samuel Beckett, Á espera de Godot, a dirección da intervención é de Alba Fernández Cotelo con coreografía colectiva. As bailarinas e os bailaríns serán Daniela Castellanos, Remedios Cuba, Cristina Nogueira, Alfonso Louro, Elías Álvarez, Fabiola Fraga, Tania Galán, Estefanía Calo, Ana Blanco, Aida García, Jacqueline Reimúndez, Marta Argüelles e Lucía Castro.
A compañía D-ou-tras, do campus de Ourense da Universidade de Vigo dará continuidade á quenda de representacións da xornada coa presentación de Corpos celestes, froito dun traballo de investigación ao redor das traxectorias dos corpos celestes e as diferentes densidades do aire. Ainhoa Viñuela, Alicia Fraga, Ánxela González, Daniele Tommasini, Diego Negro, Belén Ferro, Rosa Puga, Laura Lozano, Mercedes Ferro e Sira Gonzále conforman o elenco de intérpretes desta obra, que conta con coreografía de Nuria Sotelo.
Finalmente, a compañía de Danza da USC, xunto coa formación Sen Vergoña, integrada por alumnado do programa de IV Ciclo da USC e que conta con Juan Carlos Zahera como director artístico, baixará o pano deste encontro de danza coa función Alento. Esta nova produción da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura fai alusión ao primeiro e último que temos nesta viaxe da vida; o que nos impulsa á acción e nos frea ante as situacións difíciles, o que nos anima a danzar e a expresar: o alento, explican dende a dirección da peza. Ayla Leiva, Sonia L. Pumarega, Carmen Sarmiento, Dolores Besteiro, Herminda Méndez, Beatriz Ovalle, Rosa Menéndez, Sabela Rodríguez e Victoria Vázquez conforman o elenco que interpretará a obra, que conta con coreografía de Rosa Acuña e música de Armand Amar. Sabela Rodríguez é a autora do texto, ao que pon voz Xosé Valcárcel.
Petisco
Como aperitivo ao prato forte do festival, o Encontro de Danza celebrou o luns 17, tamén no Teatro Principal, o MilongUSC, un espazo onde as persoas amantes do tango e da milonga puideron reunirse para bailar e socializar. É un lugar onde se respira o ambiente do tango e se comparte a paixón polo baile, explica o responsable do Espazo de Danza, Juan Carlos Zahera. A milonga é un lugar de encontro dos e das amantes do tango e da milonga, onde se comparten experiencias, se practica baile e se goza da música nun ambiente amigable e social, engade. O evento contou coa participación do alumnado do curso de danza-tango 22/23 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosaron o aprendido ao longo do curso.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.