
Históricamente, Galicia mantén taxas AROPE entre a poboación infantil inferiores á media nacional; tan só no 2008 e no 2020 foron superiores. En 2015, como consecuencia da crise económica, a taxa AROPE da infancia incrementouse en 7 puntos, se ben houbo unha recuperación paulatina que propiciou que en 2018 a taxa de pobreza e/o exclusión social entre a poboación menor de 18 anos alcanzará o seu mínimo histórico, do 20%. Nos seguintes anos, os datos para os nenos, nenas e adolescentes en Galicia foron incrementándose. En 2020 alcanzou o seu máximo histórico do 33,5%.
Na actualidade, Galicia sitúase como a quinta comunidade autónoma con menor taxa de pobreza e/o exclusión social na infancia. Con todo, conta cunha renda media por unidade de consumo de 18.093, o que supón 1.067 menos que a media nacional. Ademais, é unha comunidade envellecida, que conta con 374.000 menores de 18 anos, o que supón o 4,6% do total de nenos, nenas e adolescentes de España, só por detrás de Asturias.
En vista dos datos, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia propón unha serie de medidas que se concretan en traballar na elaboración do Plan de Apoio ás familias monoparentais, para facer fronte aos elevados índices de pobreza que padecen; apoiar ás familias con nenos e adolescentes a cargo con algún tipo de discapacidade; poñer en marcha un plan de choque contra o abandono e o fracaso escolar; acelerar a tramitación de bolsas de alimentación para familias de baixos ingresos con fillos a cargo; poñer énfase no desenvolvemento das zonas rurais, para que os nenos, nenas e adolescentes que viven nesas zonas non teñan que abandonalas por falta de recursos, servizos ou oportunidades; incrementar o número de familias de acollida para a infancia tutelada pola administración; medidas de acceso a unha vivenda digna, adecuada e accesible; así como simplificar o acceso á Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) e o Ingreso Mínimo Vital (IMV), entre outras medidas.
España ocupa o primeiro posto da Unión Europea en taxa de pobreza infantil (27,8 %). Ademais, aproximadamente 1 de cada 10 nenas, nenos e adolescentes no noso país experimentan carencias materiais severas, sendo o único indicador do AROPE que aumentou no último ano en España, situándose no seu máximo histórico desde que se teñen rexistros, con niveis superiores aos da crise económica de 2008.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.