//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
Segundo os datos estatísticos do Informe anual de inserción laboral do alumnado de FP, que nesta ocasión analiza a situación dos estudantes que remataron os seus estudos no curso 2019-20 en Galicia, o 85,4% dos titulados de FP estaban traballando no período 2019-20, o que significa un crecemento do 0,8% con respecto ao último estudo publicado ata o momento relativo ao período 2017-18. No caso da FP Dual -onde os estudantes combinan formación académica con formación práctica nas empresas dos respectivos sectores-, a porcentaxe de empregabilidade acada o 97%.
O presidente da Xunta garantiu que o Goberno galego traballará ata o último momento ata que as praias galegas estean absolutamente limpas de residuos de pellets que están a chegar pola vertedura destes plásticos por parte do mercante Toconao. Desde o primeiro momento o obxectivo da Xunta é claro; non descansar ata que as praias queden totalmente limpas, garantiu, despois de informar da análise que o Consello da Xunta fixo sobre o impacto da vertedura de pellets.
O Consello da Xunta aprobou o Protocolo de actuación contra as violencias sexuais e LGBTI fóbicas nos espazos de lecer nocturno. Esta medida enmárcase no obxectivo de tolerancia cero ante calquera tipo de violencia e busca previr, detectar e saber como actuar no caso de detectar algunha. É o resultado dun proceso participativo coas achegas do Observatorio da Violencia de Xénero, do Observatorio LGBTIQ+, e das entidades representativas do sector que, a través da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, fixeron as súas alegacións: a Federación de Hostelería de Pontevedra (Feprohos), a Federación de Asociacións Provinciais de Empresarios de Salas de Festa, Baile e Discotecas de Galicia (Fesdiga), a Asociación de Hostelería de Galicia e a Asociación Galicia de Noite.
A Xunta de Galicia intensificará a vixilancia das praias ante a posible chegada de máis pellets nos vindeiros días polo cambio das condicións marítimas, segundo informou hoxe a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. Durante a reunión que mantivo esta tarde con técnicos de MeteoGalicia para analizar a evolución das correntes mariñas, á que tamén asistiron o subdirector xeral de Servizo de Gardacostas, Lino Sexto, e a directora de Instituto tecnolóxico para o control do medio mariño (Intecmar), Covadonga Salgado, avaliáronse as previsións meteorolóxicas e a súa incidencia no desprazamento do material vertido polo mercante Toconao en augas portuguesas. Nesa liña, a vicepresidenta segunda explicou que un cento de efectivos se unirán, nos próximos días, ás máis de 200 persoas do operativo medioambiental despregado pola Xunta.
A Cidade da Cultura acolle neste primeiro mes do ano unha selección do mellor cine para público miúdo cunha nova edición de Pequefilmes, o festival internacional de curtametraxes infantís que proxectará no Gaiás máis de medio cento de obras procedentes de 16 países, o 26, 27 e 28 de xaneiro. Con Pequefilmes, a Xunta consolida a súa aposta por ofrecer contidos audiovisuais de calidade desde idades temperás, fomentado o gusto polo cinema e o espírito crítico da rapazada, que será a encargada de elixir cos seus votos as mellores curtametraxes que serán premiadas no festival.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participou hoxe pola mañá na sesión extraordinaria do Pleno do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, convocada polo Ministerio de Sanidade, para abordar actuacións coordinadas en materia de saúde pública en relación co incremento de infeccións respiratorias.Segundo Comesaña, a reunión chega tarde, foi improvisada e ademais sen convocar previamente a Ponencia de Alertas nin a Comisión de Saúde Pública. Non se poden tomar decisións sen escoitar antes aos expertos, así que resulta sorprendente que se convoque un Consello Interterritorial sen reunir antes os técnicos.
A Xunta organizará no primeiro trimestre deste ano varias mesas de traballo abertas á participación de todos os membros da Alianza galega polo clima, para sentar as bases para establecer novas vías de colaboración e sinerxías na loita contra o cambio climático. Serán os primeiros encontros promovidos para favorecer o intercambio de experiencias, proxectos e iniciativas entre os aliados. Ano e medio despois da posta en marcha desta iniciativa para fomentar a colaboración entre axentes sociais e económicos e sumar o maior número de apoios en Galicia, chegou o momento de dar un paso máis e promover sinerxías entre os case 100 socios que suma.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade lembra da importancia de vacinarse fronte a covid-19 e a gripe con motivo das xuntanzas familiares que son habituais no Nadal. Así, mantén habilitado o sistema de autocita para vacinarse de ambas infeccións respiratorias no conxunto de hospitais da rede sanitaria pública galega. Deste xeito, tanto as persoas con idades comprendidas entre os 12 e os 59 anos -con algunha condición de risco-, como as persoas de 60 e máis anos, poden facer uso do sistema de autocita para seren vacinados no seu hospital de referencia.
Galicia revalida o seu liderado como a Comunidade Autónoma con máis sendeiros azuis, cun total de 49 itinerarios recoñecidos, 14 máis que en 2023. Este galardón de bandeira sendeiro azul, concedido pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac), busca poñer en valor o papel das sendas e camiños como recurso valioso para gozar da natureza, realizar actividades deportivas e de ocio ao aire libre e aprender a interpretar ambientalmente a contorna. Os 49 sendeiros azuis cos que contará Galicia en 2024 pertencen a 26 concellos, dos que 8 están na provincia da Coruña, 4 na de Lugo e 13 na de Pontevedra.
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento xeneralizado á participación de toda a cidadanía na doazón de sangue e, de forma especial, aos doantes do grupo Cero Negativo. A demanda de compoñentes sanguíneos, por causa do incremento da actividade asistencial dos centros hospitalarios, e a coincidencia coas vacacións de Nadal, provocaron unha diminución nas reservas de sangue. Neste sentido, a Axencia fai un chamamento á doazón de todos os grupos sanguíneos, e á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS, xa que os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns diarias para levar a cabo de forma axeitada o seu labor asistencial.
Cunha fundada análise metodolóxica, unha demorada investigación dialéctica e unha coidada presentación, Dario Villanueva debullou exemplos da linguaxe de hoxe en día en campos sociais tan dispares como a literatura, o dereito, a política e a publicidade. Todo este esforzo destilouno na súa obra 'Los poderes de la palabra', da editorial Galaxia Gutemberg, que presentou no Centro Internacional de Prensa de Galicia (CiPG).
As tres universidades públicas galegas, Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo, organizan conxuntamente un acto de recoñecemento ao estudantado coas mellores notas obtidas nas probas de acceso á universidade, ABAU, que terán lugar os vindeiros días 6, 7 e 8 de xuño.
Charlas divulgativas, rutas educativas sobre terreo queimado, desenvolvemento de ferramentas tecnolóxicas ou o apoio a comunidades de montes son algunhas das actividades que o proxecto de aprendizaxe e servizo Plantando cara ao lume, unha iniciativa liderada desde a EPS de Enxeñaría do Campus Terra da USC e no que participan 15 centros universitarios de toda España, pon en marcha esta co obxectivo de promover unha relación sustentable entre cidadanía e incendios forestais.
A esperada cita polos amantes da música indie e underground tivo lugar esta pasada fin de semana en Sarria (Lugo). O festival consolidado na súa oitava edición arrincaba o venres cunha gran acollida de público que puido gozar de directos destacables como os da banda portuguesa First Breath After Coma, Toundra ou VVV na sala Litmar.
Unha investigadora do departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC conseguiu afondar nun dos grandes enigmas neste eido investigador: en que medida o cambio climático afectará o biodeterioro dos materiais empregados na construción do patrimonio monumental? O estudo conclúe que o cambio climático podería reducir a biomasa acumulada nos monumentos pero a colonización resistente pode ser máis deteriorante.
Coincidindo coa festa dos Milagros de Saavedra, que se celebra o mércores, instalouse a quinta das esculturas que nas 19 parroquias do concello de Begonte van conformar un intanxible Camiño do Belén. A escultura, do artista lucense César Lorenzana é un gran banco de frores, dedicado á Virxe como 'Dona das frores. Señora dos Milagres. Mai do Belén'.
Desde hai máis de dúas décadas en España, como no resto de Europa, explican as profesoras e investigadoras do campus de Ourense Raquel Rial e Beatriz Cancho, as cifras da obesidade supoñen un serio problema e reto de saúde pública especialmente grave na poboación infantil (onde afecta a 4 de cada 10 nenos e nenas) e na poboación adolescente (afecta a 3 de cada 10).
A Facultade de Dereito do campus de Ourense acollerá os días 15 e 16 de xuño un seminario internacional centrado no mantemento e recuperación do emprego no que se dedicará especial atención aos colectivos de atención prioritaria neste eido por razón de xénero, idade ou diversidade funcional.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) concedeu ao Centro de Investigación en TIC (CITIC) da Universidade da Coruña unha axuda de case 650.000 euros para a realización dun proxecto de investigación científica, desenvolvemento e innovación tecnolóxica co obxecto de mellorar a función estatística oficial. A convocatoria establece 13 liñas de traballo das que 7 serán abordadas polo equipo de investigación do CITIC da UDC.
Ferro e Pedra: Homenaxe ós Precursores é o título dunha recompilación tributo ao rock e o metal galegos das últimas décadas, creada por 10 bandas de todas as partes de Galicia. Lanzada neste Día das Letras Galegas 2023, nela aparecen versións de bandas moi diversas. Dende as máis coñecidas, como Los Suaves ou Los Piratas, ata bandas subterráneas como Detestor ou Consumatum Est, e dende o folk rock de Nordés ata o heavy metal de Épsilon ou o metal extremo de Nowhere.