
Co asistencia de numeroso público o expresidente da Real Academia da Lingua Española fixo un alegato en favor de darlle valor a expresión verbal, o vocabulario, fronte as agresións de todo tipo que sofren as linguas en calquera punto do planeta.
Villanueva salferiu a súa amena charla con multitude de anécdotas e referencias salientables desde as primeiros rexistros comunicativos dos homes primitivos, o estudo dos discursos políticos levados a cabo por gabinetes especializados comandados por logógrafos ou escritores na sombra (puxo como exemplos as disparidades nas campañas de presidentes estadounidenses como Ronald Reagan, Barack Obama ou Donald Trump), e detívose especialmente nas linguaxes da postmodernidade e os tempos en que toda a sociedade está conectada a unha rede cibernética, que xa augurara Marshall McLuhan na súa Galaxia Gutemberg. A documentación inclúe máis de 300 sinaturas entre as que destacan varios concellos, asociacións culturais, o Padroado do Museo, varios de Centros de Estudos, varios persoeiros vencellados á cultura galega e familiares de Tovar.
En definitiva, Darío Villanueva veu a concluír na necesidade de darlle valor as palabras porque teñen un poder creativo extraordinario, e as linguas xa que son o patrimonio máis democrático que existe.
A presentación do conferenciante correu a cargo da catedrática de Historia e Premio Nacional de Historia, Ofelia Rey Castelao, quen loubou o traballo de Villanueva como espectador excepcional da comunicación humana desde una visión da distancia e a ciencia filolóxica. Presentou o acto, que deu paso a un animado coloquio, o director corporativo do CiPG, Pastor Lorenzo.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.