
Así mesmo, os nenos con idades comprendidas entre os 6 meses e os 11 anos -con algunha condición de risco- poderán solicitar a súa autocita a través da aplicación Sergas Móbil.
No caso de querer vacinarse soamente contra a gripe -e non da covid-, as persoas que aínda non o fixeran tamén poderán acudir ao seu centro de saúde -previa solicitude de cita-.
Galicia conta na actualidade con máis de 760.000 persoas vacinadas xa fronte á gripe, e das que 34.000 son menores de 5 anos (48% do total).
En canto á covid, os datos publicados polo Ministerio de Sanidade a pasada semana sitúan a Galicia como líder en cobertura cun 65,85% de vacinados maiores de 60 anos (5 puntos por encima da segunda comunidade autónoma e dez puntos por riba da media nacional). Por franxas de idade, Galicia acada un 77,16% de cobertura en maiores de 80 anos (17 puntos máis que a media nacional), un 66,88% en 70-79 anos (9 puntos máis que a media nacional) e un 53,50% en 60-69 anos (máis de 25 puntos por encima da media do Estado).
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.