
Nesta reunión, a ministra propuxo o uso universal da máscara e a aposta polos plans de continxencia. O conselleiro recordoulle que os plans de continxencia existen desde antes da pandemia e, cada ano, se revisan despois do verán, para estar preparados ante a chegada, sobre todo, dos virus respiratorios.
Sobre o uso da máscara, a Xunta xa o recomendou en hospitais e centros de saúde hai 12 días, e por suposto, a súa utilización por parte de persoas con síntomas respiratorios, e vulnerables. En todo caso, o conselleiro sinalou que debe ser cada comunidade autónoma quen determine, entre as medidas dispoñibles e avaladas por criterios técnicos, aquelas que mellor se adapten á súa situación epidemiolóxica. De feito, aínda sendo prudentes, en Galicia o pico da gripe é posible que xa se superara, debido a que segue a baixar a positividade da mesma, que se sitúa nun 30 %, o que supón tres puntos menos que na semana pasada.
Sobre as "autobaixas" das incapacidades temporais, o conselleiro considera que é un tema moi delicado, que require do concurso doutros axentes, como da Seguridade Social, e que as improvisacións non axudan. Galicia está a favor de desburocratizar o traballo en atención primaria, pero sempre escoitando primeiro aos técnicos.
Comesaña recordou que a Xunta de Galicia adiantou en 15 días a campaña de vacinación contra a gripe e a ampliou ata o 12 de xaneiro. Tamén indicou o uso xeneralizado da máscara hai 12 días e tiña os plans de continxencia preparados e en uso dende o pasado mes de outubro.
Falta de profesionais
No que Galicia si está de acordo co Ministerio de Sanidade é na falta de profesionais, e "iso si require unha reunión urxente", -remarcou Comesaña-, quen sinalou que temos médicos nas súas merecidas vacacións destas datas, e oxalá houbera substitutos para cubrir esas ausencias. Faltan, por tanto, -insistiu Comesaña-, profesionais e é necesario formar máis médicos especialistas.
O conselleiro volveu solicitar á ministra un pleno extraordinario do Consello Interterritorial para abordar este asunto, e insistiu na necesidade de que o Goberno central flexibilice os criterios de acreditacións dos centros, co obxecto de que as comunidades autónomas teñan capacidade para formar máis profesionais
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.