//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
Os proxectos do Campus da Auga (Ourense) a Edar de Vigo e as instalacións de Finsa, en Santiago, veñen de ser distinguidos na categoría de Arquitectura. Nesta convocatoria dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia, promovidos pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda, estes tres proxectos comparten galardón neste mesmo apartado. Nesta mesma categoría de Arquitectura, o xurado concedeu ademais mencións aos proxectos dunha vivenda unifamiliar en Cee e dun apartamento en Noia. Na categoría de Rehabilitación o premio foi para a recuperación da curtiduría de Pontepedriña de Arriba, en Santiago, na que se instalou o Centro de Formación en rehabilitación.
O verán na Comunidade galega foi unha estación cálida e húmida, á vista dos rexistros de temperatura e precipitacións que esta mañá a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, e o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, presentaron en rolda de prensa. A diferencia da temperatura media para a serie rexional situouse nun +0.71ºC, xunto coa anomalía media das precipitacións dun 32% superior ao valor normal, fan que poida considerarse como un verán cálido e húmido.
O Programa Benestar en Balnearios facilita que preto de 1000 persoas maiores gocen dunha estadía de seis días e cinco noites en tres establecementos talasos situados na comunidade durante o último trimestre do ano grazas ao Programa de benestar a través da talasoterapia. Deste xeito, e a partir do 7 de outubro, os participantes acudirán ao Hotel Talaxo Louxo (Illa de Arousa, Pontevedra), ao Talaso Atlántico (Oia, Pontevedra) e ao Thalasso Cantábrico (Viveiro, Lugo).
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou que a Comunidade galega inicia o curso con 24.081 prazas públicas para nenos de 0 a 3 anos, case 500 novas prazas máis que o ano anterior, e con cinco novas escolas infantís en Lugo, Santiago, Ourense, A Estrada e Mos. Durante unha visita ás instalacións da nova escola infantil da Fundación Amancio Ortega en Lugo, Feijóo aseverou que esta cifra a maior en número de prazas de escolas infantís da historia da comunidade- sitúa a ratio de cobertura en Galicia nun 41,6%, oito puntos por riba da ratio mínima aconsellada pola Unión Europea; unha cifra similar á provincia de Lugo que conta cunha oferta total de 2.653 prazas públicas.
Un total de 147.439 estudantes comezarán o vindeiro luns, 17 de setembro, as clases na educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato, e ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas), segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Cómpre lembrar que as cifras de matriculación non serán definitivas ata dentro dunhas semanas, dado que aínda nos últimos días se realizaron exames de recuperación en secundaria. De feito, neste total tampouco se contempla o alumnado de FP, ensinanzas nas que aínda é posible matricularse.
Este curso 2018/19 producirase un incremento dos centros plurilingües, nos que ata un terzo do horario lectivo se imparte en lingua estranxeira. En concreto, o sistema educativo galego acada os 385 centros plurilingües, 63 máis que o ano pasado. Isto significa multiplicar por máis de 6,5 os 58 centros que había no curso 2010/11, cando se comezou con este sistema. 142 centros (7 por primeira vez no plurilingüismo) contarán con plurilingüismo en Infantil denominado Plurinfantil, 59 máis que o ano pasado. No caso de bacharelato, haberá 8 centros Pluribach (1 completamente novo no plurilingüismo).
Co obxectivo de avaliar o impacto do cambio climático no litoral de Galicia, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio licita un contrato para a elaboración de cartografía dixital sobre a totalidade de concellos costeiros. O importe deste contrato é de case 350.000 euros, e permitirá obter información completa e actualizada a unha escala axeitada de 82 concellos galegos, que suman 2.555 quilómetros de costa. Os traballos, que se prolongarán ata maio de 2019, permitirán obter datos completos, continuados, actualizados e a unha escala axeitada para avaliar os riscos que implica o cambio climático nas zonas costeiras de Galicia.
O programa tivo un enfoque basicamente práctico centrado en fórmulas tradicionais de transmisión de coñecemento a través da análise de realidades concretas. Desenvolveuse en catro fins de semana entres os meses de abril e setembro, estruturándose en catro módulos: participación e empoderamento xuvenil; emprendemento e novos modelos de negocio; innovación e emprendemento social; e liderado: características e competencias. Nas catro xornadas participaron un total de cincuenta mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos.
Preto de 300 participantes recrearon esta fin de semana os entroidos galegos cun colorido desfile polas rúas do casco vello de Santiago de Compostela no que puideron amosar a autenticidade, variedade e riqueza desta tradición. Galicia conta con nove entroidos recoñecidos como festa de interese turístico. Dous deles, Xinzo de Limia, cos pantallas, e Verín, cos cigarróns, acadaron xa a declaración como festa de Interese Turístico Nacional, mentres que outros sete son de Interese Turístico de Galicia: Viana do Bolo, cos boteiros e folións; Cobres, coas madamas e galáns; Laza, cos peliqueiros; Manzaneda, coas mázcaras; os Xenerais da Ulla; Maceda, cos felos, e Vilariño de Conso, cos boteiros.
Neste curso 2018-2019 un total de 267 centros e 18.000 alumnos, un 70% e máis dun 50% máis que o curso pasado, respectivamente, empregarán o libro dixital e se beneficiarán do paquete de melloras que se comezou a implantar de xeito progresivo o pasado curso e que se completará neste coa incorporación de novos provedores de contidos, coa posta en marcha dun servizo para que sexan os propios profesores quen creen contidos educativos dixitais, que se chamará DIXIT, e coa entrada en funcionamento dun servizo de soporte premium para os alumnos, familias e profesores que prestará atención remota as 24 horas e os 7 días da semana.
A festividade do Samaín encherá de vida as prazas da zona vella da cidade o sábado 31 de outubro. As actividades están dirixidas aos máis cativos, pero a Concellería de Cultura quere implicar tamén a toda a familia. Comezan con obradoiros de baleirado de cabazas -repartiranse un total de 700-, e rematan cunha grande festa.
As Xornadas ao redor do proxecto Estaciones Vivas destacaron o papel do patrimonio cultural na revalorización do territorio.
Apunta que unha das ambicións deste Goberno é apostar pola diversificación e desestacionalización do sector turístico. Destaca que o Museo fará posible algo histórico: que en Xinzo poida ser entroido todo o ano. Confirma que a localidade contará cun novo albergue de peregrinos.
Promociónase Galicia como destino termal nun escaparate internacional único. A Asociación Europea de Cidades Históricas e Termais é unha rede composta por 36 cidades termais de 12 países europeos que contan cun patrimonio arquitectónico singular e emblemático vinculado á presenza de augas termais.
Carmen Martínez, directora del Grupo de Viticultura de la Misión Biológica de Galicia, José Luis Santiago, integrante del mismo, y Alfonso Carrascosa, del Museo Nacional de Ciencias Naturales, forman el Comisariado de la muestra, que recoge los proyectos de investigación vitivinícolas nacionales más destacados en los 2 últimos siglos.
Unha granxa intelixente, unha empresa de vehículos de inercia, unha proposta para a implantación de códigos QR nas lápidas, un salón de beleza ecolóxico e unha empresa de turismo activo foron as propostas que resultaron galardoadas nesta edición coa innovación como clave de futuro.
Cociñeiros de renome como Pepe Solla, Yayo Daporta e Lucía Freitas prepararon uns pratos a base de produtos do mar galegos, que despois degustaron os asistentes. A Consellería do Mar, seguindo o seu firme compromiso de loitar contra a lacra do furtivismo, puxo en marcha esta campaña para fomentar o consumo de produtos pesqueiros adquiridos polas vías legais.
O conselleiro de Política Social destacou o traballo e esforzo diario e a pé de rúa das entidades sociais, e apostou por incrementar a colaboración para chegar a un maior número de persoas e atendelas mellor, e insistiu en que o conxunto da sociedade debe sensibilizarse e fomentar a inclusión social.
Goya ao mellor director con No habrá paz para los malvados, que acadou outros oito 'cabezóns', súmanse aos dous que levou La Caja 507, ambas protagonizadas polo actor José Coronado. Logo da entrega do premio proxectarase La vida mancha.
O xornalista foi membro do pleno territorial do Colexio de Xornalistas de Galicia entre os anos 2000 e 2008.