O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, resaltou que o Museo Galego do Entroido permitirá mellorar a difusión e coñecemento dos entroidos galegos, que son "o resumo dunha forma de entender a vida", e, en particular, o de Xinzo de Limia, un dos poucos que conservou co paso do tempo todas as súas particularidades.
Durante a súa intervención, Feijóo incidiu en que este Museo é hoxe unha realidade grazas á colaboración entre as administracións e o investimento conxunto de case 450.000 euros.
Ademais, o titular do Goberno galego destacou que con este novo edificio se superará a gran eiva do entroido, que é o seu marcado carácter estacional. Este Museo fará posible algo histórico: que en Xinzo poida ser entroido todo o ano.
Nese sentido, Feijóo sinalou que unha das ambicións deste Goberno é apostar pola diversificación e a desestacionalización dun sector, o turístico, que está a ter un gran tirón na nosa economía e configuración social.
O presidente da Xunta explicou que se están a dar os pasos necesarios para fortalecer algúns dos nosos principais valores turísticos, como son o Camiño de Santiago e o termalismo.
Novo albergue de peregrinos
O titular do Goberno puxo en valor as boas cifras acadadas este ano en recepción de peregrinos. No que vai de ano chegaron a Santiago preto de 250.000 peregrinos, un 10% máis que no mesmo período do ano anterior. Tamén destacou o aumento da afluencia de peregrinos na Vía da Prata, Ruta Xacobea que atravesa Xinzo e que rexistrou un incremento do 8%. Para acollelos, Feijóo confirmou que a localidade contará proximamente cun novo albergue de peregrinos, que xa está finalizado.
Termalismo
O presidente da Xunta destacou o impulso do turismo termal a través do Plan termal como exemplo da aposta deste Goberno pola diversificación e desestacionalización do sector.
Segundo explicou Feijóo, o Plan Termal impulsa a posición de liderado de Ourense e Galicia nese sector, convérteo en abandeirado do turismo de calidade e fai do termalismo unha opción que conxuga ocio e saúde.
Plan de regadío
Así mesmo, Alberto Núñez Feijóo confirmou que os Orzamentos do ano 2016, que aprobará en 90 días o Parlamento galego, incluirán unha partida para o Plan de regadío, unha reivindicación dos agricultores da Limia.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.